viernes, 9 de octubre de 2009

Xogos Culturais

O Ministerio de Cultura lanza na súa páxina web os Xogos Culturais, unha forma amena e divertida de acceder ao coñecemento, a finalidade da cal é realizar unha difusión cultural xogando a descubrir as respostas a temas de interese da nosa cultura.
Os xogos, relacionados con diversos aspectos da cultura, tales como cinema, teatro, música, literatura e institucións culturais, están compostos por unha serie de unidades temáticas; cada unidade temática consta de 4 preguntas e cada pregunta ten unha resposta, unha curiosidade sobre o tema e contido adicional, como imaxes ou enlaces a outros sitios web. As unidades irán arquivándose nun histórico para que outras novas se incorporen, e os seus contidos poderán descargarse en formato pdf.
Os usuarios terán a opción de xogar sen rexistrarse. Se o usuario opta por inscribirse poderá participar nas clasificacións, comprobar a súa posición con respecto ao resto dos xogadores en calquera momento do xogo e gardar a sesión. Un xogo deberá ser resolto nunha soa sesión para que o sistema poida almacenar os resultados. Se a sesión se deixa incompleta, os resultados obtidos non contarán na clasificación.
Publicar un comentario