lunes, 29 de marzo de 2010

Hispana: o portal de coleccións dixitais de Arquivos, Bibliotecas e Museos de España


O novo portal Hispana, xestionado polo Ministerio de Cultura, ven de estrearse na pasada semana. Trátase dun agregador que da acceso ás coleccións dixitais de arquivos, bibliotecas e museos españois, tanto de institucións públicas como privadas.

Na actualidade Hispana conta con 121 bases de datos de ditas coleccións e inclúe tamén un directorio cos 440 proxectos de dixitalización que se están a levar a cabo, nestas institucións, dentro do territorio estatal. Polo momento xa se pode acceder a través del a un total de 1,2 millóns de ficheiros, mais a previsión a medio prazo será un grande incremento nos seus fondos, dado que se incorporarán a el os materiais dixitais procedentes do proxecto europeo APEnet. Este último, agrupa os arquivos nacionais de 14 países de Europa coordenados polo Ministerio de Cultura de España.

http://hispana.mcu.es
é o enderezo deste portal, que vos recomendamos visitar.

Hispana forma parte de Europeana, un ambicioso proxecto potenciado pola Unión Europea, que se conforma como rede temática ou biblioteca dixital dos países membros. Esta se iniciou no mes de Novembro do 2008.
Publicar un comentario