martes, 6 de abril de 2010

A biblioteca móbil máis antiga do mundo.



Resulta que a biblioteca ambulante máis antiga do mundo data do século X. Ao parecer, caravanas de 400 dromedarios transportaban ¡117 mil volumes! que pertencían á biblioteca privada do visir persa Abdul Kassem Ismail (938-995). Estes animais "estaban adestrados de tal xeito que os libros atopábanse rigorosamente en orde alfabética" segundo Maureen Sawa, autora do libro The Library Book: The Story of Libraries from Camels to Computers, onde realiza unha descrición amena e ilustrada da evolución das bibliotecas desde os tempos destes bibliocamellos ata as computadoras da actualidade.
Sempre existiron formas de transportar o coñecemento onde se necesitase; en Venezuela e Colombia, por exemplo, empréganse acémilas para as comunidades illadas das zonas andinas (ver blog do biblioburro).
Maureen Sawa, é unha recoñecida bibliotecóloga, coordinadora dos servizos de información da Hamilton Public Library. Tamén é presidenta da Asociación Canadense de Bibliotecarios Infantís, unha división da Canadian Library Association. O seu libro é unha obra dirixida a nenos a partir dos 9-12 anos de idade.
Vía Bibliospectiva
Publicar un comentario