jueves, 17 de marzo de 2011

Biblioteca-Librería do Casino

O Casino de Santiago de Compostela inaugurou onte a biblioteca-librería, unha iniciativa coa que pretende achegar o libro aos cidadáns en horario nocturno. O servizo funcionará desde as cinco da tarde ata as doce da noite, para que poidan gozar dela e dos seus fondos todos os afeccionados á lectura de Santiago. O acto de apertura desenvolveuse ás sete e media da tarde, e contou coa presenza do presidente do Casino, Ubaldo Roda. Tamén estivo presente o escritor Sandro Veronesi, que hoxe recibirá o Premio Novela Europea que concede esta sociedade. Veronesi tamén aproveitou o acto de apertura da biblioteca para presentar a versión en lingua galega da súa novela Caos Calmo, pola que recibiu o galardón literario
Toda a noticia aquí
Publicar un comentario