sábado, 23 de julio de 2011

Que lástima, compañeiros de lecturas...

Fai moi pouquiño, lemos nos clubs de lectura esta impresionante obra de Delibes e que ben nos viría poder asistir á representación teatral da mesma (aínda que fose o ano que ven), pero nada, esta nova presentación non vén a Galicia, salvo alteración do calendario actual. Que lle imos facer!
O produtor José Sámano e a directora Josefina Molina quixeron render homenaxe ao escritor vallisoletano -o proxecto empezou a xestarse antes da súa morte- cunha nova posta en escena da adaptación teatral que protagonizou durante anos Lola Herrera, neste caso Natalia Millán, e que é unha das funcións lexendarias do noso teatro.
A web
Publicar un comentario