viernes, 16 de septiembre de 2011

Un florentino

Quen o diría, se parece que foi onte! Pero, non, son xa 690 anos (e dous días!) os que pasaron desde que Dante partiu á procura de Beatriz.


Autor fundamental, a súa obra creou unha ponte entre o pensamento medieval e o renacemento. Ademais, é considerado o pai do italiano moderno.

A súa Divina Comedia é unha referencia obrigada, e son moitos os autores — Beckett, T.S. Eliot, James Joyce, Pinsky, Pushkin, Borges...— que foron influenciados por ela.

Beatriz, por Rossetti

A súa Vida Nova pode atoparse nesta ligazón.

Publicar un comentario