miércoles, 5 de octubre de 2011

O Nobel está no aire?


Alfred Nobel inventou a dinamita, o premio de literatura deste ano, será unha bomba?

  Mañá é o gran día! O premio Nobel de Literatura será proclamado, quen será a persoa afortunada?

  As casas de apostas apuntan a unha dirección quizá sorprendente: Bob Dylan. O músico de Minesota pasou a ser o favorito; o seu nome, que se cotizaba 100 a 1, agora está a 6 a 1, ou, o que é o mesmo, moitos cartos confía na súa elección! Sumaranse os académicos suecos á tendencia de premiar a cantantes-poetas inaugurada co Príncipe de Asturias a Leonard Cohen?



Chámase Bob, pero non é unha esponxa.

  Pero, é fiable ese dato? Xa veremos, a vitoria de Vargas Llosa o ano pasado foi unha relativa sorpresa para as casas de apostas —pagouse 40 a 1— pero os anos anteriores con Herta Müller e Le Clézio produciuse unha sospeitosa subida nas cuotas a última hora, que dá que pensar que se produciu algún tipo de filtración moi lucrativa.

  Antes de que aparecese fulgurantemente Dylan, o favorito dos apostantes é o sirio Adonis, que suma dúas bazas interesantes, o ser poeta, xénero que desde 1996 coa extraordinaria Szymborska non foi premiado, e ser árabe, o que suporía unha chiscadela aos movementos a favor da liberdade neses países. Nesta liña, está tamén considerada a alxerina Assia Djebar, que suma ao anteriormente o feito de ser muller — de 107 premios, só 12 foron para as rapazas.


Nietzsche prefería Baco a Adonis.

Completan os postos altos das apostas o novelista xaponés Murakami —do que estea mes sae en España a terceira parte de 1Q84?, e dous poetas máis, o sueco Transtromer, favorito o ano pasado, e o coreano Ko Un.



Assia ademais de libros, fai películas.
 
  Hai algunha opción para un dos nosos? En medios suecos fálase de Juan Goytisolo, un tapado habitual, e na lista —lembremos, non oficial— aparecen tamén Juan Marsé, Javier Marías e Luis Goytisolo. Con todo, parece pouco probable que conseguir o sétimo nobel español.



Quen levará a figuriña escondida?


    Boa sorte a todos!
Publicar un comentario