viernes, 25 de noviembre de 2011

Fontcuberta: ensaio na cámara.

  Ensaiemos: que é un ensaio? Segundo o dicionario da RAE, " Escrito en el cual un autor desarrolla sus ideas sin necesidad de mostrar el aparato erudito." (*)

O que está ben, que tampouco é plan de mostrar o aparato erudito a todo o mundo, non? Outra cousa é ensinar o aparello fotográfico; é o que fai o fotógrafo Joan Fontcuberta, Premio Nacional de Ensaio 2011.
 

  Segundo as súas propias palabras, "La Cámara de Pandora é un kit de primeiros auxilios, para aprender a sobrevivir no mundo dixital, onde a implementación de Internet supuxo a multiplicación, masificación e democratización das imaxes." E é que, asegúranos, "as fotos xa non recollen recordos para gardar, senón mensaxes para enviar e intercambiar."

  Unha interesante reflexión sobre a relación da nosa sociedade coa súa propia imaxe: música de cámara!


  Digan pataca!



(*) O dicionario da RAG é máis circunspecto: obra breve na que autor expón o seu punto de vista sobre un tema determinado.
Publicar un comentario