viernes, 18 de noviembre de 2011

Maite Carranza, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil

A escritora, guionista e profesora catalá Maite Carranza gañou hoxe o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, concedido polo Ministerio de Cultura, por "Palabras envenenadas", publicada orixinalmente en catalá e na que se aborda o abuso sexual a menores.
A obra, que recibiu anteriormente o Premio Edebé de Literatura Xuvenil; El Templo de las Mil Puertas, outorgado por novos escritores; o White Raven de Bolonia; e o da Crítica Serra d'Or de Cataluña, narra en clave de "thriller" o caso dunha moza desaparecida, Bárbara Molina, secuestrada nun zulo durante catro anos e á que dan por morta.Xunto a Bárbara, que é a única que ten a clave do misterio, polo libro aparecen tres personaxes próximos á protagonista, a súa nai, a súa amiga e un policía, que intentan facer encaixar as pezas do crebacabezas.
Publicar un comentario