miércoles, 30 de noviembre de 2011

Queridos ilustradores: Ulises Wensell

Onte martes faleceu o ilustrador madrileño Ulises Wensell (1945), un dos grandes nomes da literatura infantil española. Enxeñeiro técnico químico por formación, pero debuxante, pintor e ilustrador por vocación e decisión persoal, é autor das imaxes de moitos libros para nenos que alcanzaron difusión internacional.
Ao longo da súa traxectoria profesional obtivo numerosos premios: o Premio Nacional de Ilustración en 1978, o Premio Lazarillo (1979), o Owl Prize outorgado en Xapón por votación popular (1985), o premio da Asociación de Ilustradores de Madrid (1993) e o premio da crítica Serra d´or (1994), entre outros. Tamén figurou na Lista de Honra dos Premios Andersen e recibido diversos diplomas e mencións honoríficas en distintas exposicións. No ano 2007 recibiu unha homenaxe no Salón do Libro Infantil de Madrid, en cuxo marco organizouse unha exposición coa súa obra na Casa de Vacas do Retiro, e ao ano seguinte foi seleccionado pola OEPLI como candidato ao Premio Andersen de Ilustración
(Vía Anaya)


Publicar un comentario