martes, 24 de enero de 2012

Hugo vive aquí


  Como sempre... na biblio primeiro!


  A Academia do Cinema Nortemericana proclamou os candidatos aos premios Óscar. As máximas favoritas son "The artist," con dez nomeamentos, que é mudiña cal certo acompañante de certa moza de branco nome,  e "A invención de Hugo," con once.


E quen é o tal Hugo?, temos a resposta! E, como non podía ser doutra maneira, introducímola dentro dun libro, "A invención de Hugo Cabret," un coidado volume que mestura ilustración e textos nunha brillante proposta de Brian Selznick.


Haberá que lelo!


Publicar un comentario