jueves, 2 de febrero de 2012

Finou a Nobel polaca Wyslawa Szymborska

A poeta Wyslawa Szymborska, que obtivo o Nobel de Literatura en 1996 pola súa "irónica precisión ao retratar a realidade humana" finou hoxe en Cracovia, á idade de 88 anos.

Ver a nova completa aquí.


Edicións Positivas ven de traducir ao galego os versos máis fermosos desta escritora.

Un deles:

Cando pronuncio a palabra Futuro,

a primeira sílaba marcha xa cara ao pasado.

Cando pronuncio a palabra Silencio,
destrúoo.

Cando pronuncio a palabra Nada,
creo algo que non se atopa en ningunha non-existencia.
Publicar un comentario