domingo, 12 de febrero de 2012

Germán Sánchez Ruipérez (1926/12-02-2012)

O empresario salmantino do sector editorial Germán Sánchez Ruipérez faleceu este domingo, segundo confirmaron fontes da Consellería de Cultura da Xunta de Castela e León. 
Sánchez Ruipérez, nacido en Peñaranda de Bracamonte (Salamanca) en 1926 e foi fundador de Edicións Anaya S.A. en 1958, empresa que ten a súa sede na capital salmantina. Así mesmo, creou outras compañías do sector como Cátedra, Pirámide, Barcanova, Algaida ou Anaya Multimedia.
O editor salmantino destacou tamén polo seu labor social a través da súa fundación homónima, creada en 1981 e dedicada á formación de profesionais do sector editorial e ao fomento da lectura.
 

Publicar un comentario