martes, 28 de febrero de 2012

Pritz... que?

Non só de Oscars vive o home...

Acábase de fallar o premio Pritzker de arquitectura, resultado gañador Wang Shu, pola súa obra "respectuosa co medio ambiente e de gran profundidade filosófica, na que conviven de forma armoniosa tradición e modernidade."

  Atención, pregunta, cal foi a súa primeira gran obra? Pois si, unha biblioteca! A do College de Wenzheng, na Universidade de Suzhou.


  Para manter o equilibrio entre montaña e lago, o noso arquitecto atopou unha solución realmente enxeñosa: crear un edificio de tres plantas, na que unha delas quedase mergullada.
E que hai dese pequeno pavillón que flota na auga? É a sala de lectura de poesía!


  Non é unha delicia? 


PD. Falando de premios, si, démoslle sorte e a figura dourada foi a "The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmor
e"
Publicar un comentario