miércoles, 6 de junio de 2012

Philip Roth, Premio Príncipe de Asturias das Letras 2012


O escritor estadounidense Philip Roth foi galardoado co  Premio Príncipe de Asturias das Letras 2012.
Esta candidatura foi proposta por Michael Göring, presidente do Consello da Fundación ZEIT-Ebelin e Gerd Bucerius (Alemaña). 
Philip Roth naceu en Newark (Nova Jersey, EE.UU.) en 1933. Estudou nas universidades de Bucknell e Chicago, onde obtivo o grao de Master en Letras, e traballou como profesor de Literatura Inglesa.
Máis tarde, en Iowa e Princeton, ensinou escritura creativa e foi profesor de Literatura Comparada na Universidade de Pensilvania. En 1992 abandonou o ensino e dedicouse por completo á literatura. Está considerado como o escritor máis representativo da chamada Escola Xudea da novela norteamericana.

Bibliografía esencial de Philip Roth:
•El mal de Portnoy (1969, publicado en España por Seix Barral) 
•La gran novela americana (1973) 
•El oficio. Un escritor, sus colegas y sus obras (Seix Barral, 2003) 
•Everyman (Mondadori, 2006): reflexiona sobre la vejez y la mortalidad tras la difícil cirugía de su protagonista. 
•Indignación (2009, Mondadori) 
•La humillación (2010, Mondadori) 
•Némesis (2011, Mondadori) 
Entrevista co escritor no 2011 no Suplemento Babelia
Publicar un comentario