martes, 17 de julio de 2012

Quino cumpre hoxe....80 ANOS!


 Joaquín Lavado naceu en Mendoza, no seo dunha familia de emigrantes españois, o 17 de xullo de 1932, estudou Belas Artes pero pronto se decantou pola caricatura. Comezou a publicar a tira de Mafalda en 1964 no semanario "Primera Plana" sen imaxinar que esta nena irónica, preguntona e preocupada pola paz mundial converteríase nun símbolo de rebeldía.Cansado da pequena Mafalda, Quino deixou de facer a tira en 1973, pero recuperou o personaxe para ilustrar campañas en favor dos dereitos da infancia. En 2009 anunciou que deixaba de debuxar por un tempo para evitar repetirse.

Breve entrevista co autor

"¿No es increíble todo lo que puede tener dentro un lápiz?" 

Publicar un comentario