jueves, 11 de octubre de 2012

Noraboa Kalandraka!

A benquerida editorial galega Kalandraka ven de recibir o Premio Nacional á Mellor Labor Editorial Cultural correspondente ao ano 2012 polo seu "compromiso coa literatura infantil, destacando o coidado dos textos, xunto coa calidade da ilustración e a adicación a xéneros máis complexos como a poesía. É, por iso, un referente en España e no estranxeiro". É a primeira vez que unha editorial especializada en literatura infantil e xuvenil recibe este importante galardón.

O Premio, que concede o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, ten por obxecto distinguir o conxunto do labor editorial dunha persoa física ou xurídica que destacara pola súa achega sobresaínte e innovadora á vida cultural española durante 2011.

Parafraseando a un dos seus meirandes éxitos editoriais, poderemos preguntarlles eso de... A que sabe un premio nacional?

Ver AQUÍ sobre os premios que concede o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para promover o Libro, a Lectura e as Letras.

NORABOA AMIGOS!
Publicar un comentario