viernes, 22 de noviembre de 2013

Kennedy


Hoxe conmemórase o 50 aniversario do asasinato de John F. Kennedy e veume á cabeza esta última biografía que recibimos da súa muller, Jackie, narrada dun xeito moi persoal pola autora de Los ojos amarillos de los cocodrilos, Katherine Pancol,  na que se novela a vida de Jackie Kennedy dende a súa infancia ata o seu falecemento.
"Trátase dunha descrición centrada no ronsel algo lendario do seu personaxe. Jackie é mostrada como unha icona, unha muller incombustible, desbaldidora, amante do luxo pero non superficial, algo manipuladora e reservada. Un libro escrito coa soltura estilística e axilidade, propias de Pancol, tamén coa súa lixeireza formal e argumental, características coas que narra algúns datos e anécdotas curiosos. Non é unha biografía elaborada en profundidade senón un bosquexo a grandes trazos, que acentúan a mítica personalidade de Jackie."

Publicar un comentario