martes, 5 de enero de 2021

"A Maleta" o segundo contacontos en liña desde as bibliotecas municipais recibido con éxito polos nosos usuarios


Despois do éxito do primeiro contacontos en liña as bibliotecas volvemos emitir  un segundo contacontos en liña no final de 2020, que de novo foi emitido en directo dende a sala infantil da biblioteca municipal.

Co título "A maleta" o conto baseábase nun álbum ilustrado do autor Chris Naylor-Ballesteros, e foi seguida en directo dende o Facebook das bibliotecas, e recibiu moitas visualizacións.

Queremos agradecer á Fundación Filomena Rivero Alonso ternos ofrecido esta fermosa actividade, para que as bibliotecas puderamos festexar o Nadal e o final de ano tanto coas persoas usuarias dos nosos servizos e seguedoras das nosas redes sociais, nun entorno completamente seguro e libre de covid-19. E tamén agradecer á compañía ContAZ o seu fermoso e orixinal traballo de narración oral con LSE, para achegar con sensibilidade historias fermosas sobre respecto e inclusión.

 Agardamos que este novo ano 2021 nos permita facer outras moitas actividades, virtuais e presenciais!


No hay comentarios: