O escritor pontevedrés Manel Loureiro manterá este venres un encontro na Biblioteca Municipal
cos lectores dos Clubs de Lectura das nosas bibliotecas, para departir sobre o libro "Apocalipsis Z: el principio el fin"
Manuel Loureiro é un escritor e avogado español, nacido en Pontevedra en 1975.
Mentres residía en Santiago de Compostela e
acababa os seus estudos de Dereito traballou primeiro como presentador
de televisión na Televisión de Galicia e máis tarde como guionista de
diversos proxectos. Na actualidade colabora cos xornais Diario de
Pontevedra e diario ABC. Así mesmo é colaborador habitual da Cadea SER.
A súa primeira novela, Apocalipsis Z: El Principio del Fin, un thriller de
terror, comezou como un blog en Internet que Manel escribía nos seus
intres libres para combater o aburrimiento que lle producía a literatura
xurídica. Debido ao gran éxito que alcanzou (tivo máis dun millón e
medio de lectores online e transformouse nun fenómeno viral), foi
publicado en 2007, converténdose automáticamente nun éxito de vendas.
As súas dúas seguintes obras, "Los Días Oscuros" e "La Ira de los Justos",
continuación da primeira novela foron publicadas en España por Plaza & Janés, que tamén reeditou a primeira. Todas as súas novelas, traducidas a varios idiomas, convertéronse de maneira inmediata nun éxito de vendas, non só en España, senón noutros países como Italia ou Brasil onde se colocaron nas listas dos máis vendidos.
Coa tradución ao inglés da súa primeira novela, baixo o título de "Apocalypse Z" ("Apocalypse Z: The Beginning of the End") alcanzou o número uno en vendas en Amazon USA dentro da categoría de Terror e o número 5 absoluto de vendas en EE.UU durante dúas semanas.
Os seus libros foron traducidos a máis de dez idiomas e publicados en preto dunha trintena de países.
Coa tradución ao inglés da súa primeira novela, baixo o título de "Apocalypse Z" ("Apocalypse Z: The Beginning of the End") alcanzou o número uno en vendas en Amazon USA dentro da categoría de Terror e o número 5 absoluto de vendas en EE.UU durante dúas semanas.
Os seus libros foron traducidos a máis de dez idiomas e publicados en preto dunha trintena de países.
En maio verá a luz a súa nova novela editada por Planeta e, un pouco antes, en marzo, a versión en cómic de Apocalipis Z, publicada por Panini.
Polo demais, Manel é un tipo bastante tranquilo. Vive coa súa familia e o seu gato en Pontevedra, é un coleccionista voraz de libros (ten máis de cinco mil exemplares apilados na súa biblioteca, e cada día chegan novos exemplares) e se no verán escápase a mergullar en canto pode, no inverno foxe cara á neve nas montañas, onde lle gusta practicar snowboard.
2 comentarios:
I just read your blog. Wonderful blog.
I want to ask if you want a link exchange with my blog: http://resultadolotofacil.info
Just put my link on your blog and send me your link via contact page!
my link details:
URL: http://www.resultadolotofacil.info
Anchor text: Lotofacil
Thanks!
Hello I like how you write !
Publicar un comentario