miércoles, 16 de diciembre de 2020

Contacontos inclusivo e en liña para festexar o Nadal dende as Bibliotecas Municipais de Redondela


As bibliotecas municipais de Redondela celebran o Nadal cunha actividade retransmitida en liña a través das súas redes sociais.

A proposta é un contacontos inclusivo da compañía ContAz. Co título "Perdido?" preséntannos unha historia baseada nun conto de Oliver Jeffers  onde a lingua de signos terá grande protagonismo. Será retransmitido  en directo a través do Facebook das bibliotecas de Redondela o próximo luns 21 de decembro, ás 18:00 h.

A actividade realízase grazas á Fundación Filomena Rivero Alonso, que quere deste xeito difundir unha actividade que reflexiona sobre a inclusión e a diversidade, ao tempo que festexar o Nadal coas bibliotecas municipais e os seus usuarios e usuarias; todo elo nun espazo de seguridade frente ao Covid-19.

Agardámosvos o luns ás 18 h. Non faltedes!

 

No hay comentarios: