miércoles, 23 de diciembre de 2020

Novo contacontos en liña para festexar o Nadal coas Bibliotecas municipais de Redondela



As bibliotecas municipais de Redondela celebran o Nadal con actividades retransmitidas telemáticamente a través das súas redes sociais realizadas pola compañía ContAz, caracterizada polas súas propostas narrativas nas que a lingua de signos toma protagonismo.

- A primeira proposta emitiuse o pasado luns: o contacontos "Perdido?", ofrecido pola compañía  este pasado luns en directo a través do Facebook das Bibliotecas de Redondela.

- A vindeira proposta titularase "A maleta", e está baseado nun álbum ilustrado do autor Chris Naylor-Ballesteros,. Unha historia tenra sobre a amizade, a inclusión e a aceptación do diferente,  que de novo empregará a lingua de signos en combinación coa linguaxe oral.

Será o martes 29 de decembro, ás 12:30 h. en directo a través do Facebook das Bibliotecas Municipais de Redondela.

Este contacontos de novo realízase grazas á Fundación Filomena Rivero Alonso, que quere deste xeito difundir unha actividade que reflexiona sobre a inclusión e a diversidade, ao tempo que festexar o Nadal coas bibliotecas municipais e os seus usuarios e usuarias; todo elo nun espazo de seguridade frente ao Covid-19.

 

Agardámosvos o martes ás 12:30h. Non faltedes!

No hay comentarios: