Esta tarde a través das redes de Internet recibimos a calorosa acollida de nenos, nenas e maiores, que se conectaron ás 6:00 p.m. ao Facebook das Bibliotecas Municipais para gozar dun conto fermoso e marabillosamente posto en escea.
A compañía ContAZ, emitiu en directo desde a sala infantil da Biblioteca de Redondela a escenificación dun dos seus espectáculos de narración oral máis entrañables: o conto "Perdido?", baseado no álbum "Perdido y encontrado" do incomparable Oliver Jeffers. Un conto que fala sobre amizade, tolerancia e aceptación do diferente, posto en escea dun xeito marabilloso a través da combinación da lingua oral e a lingua de signos.
Un contacontos inclusivo, desenvolvido de xeito innovador para adaptarse ás circunstancias de seguridade frente ao Covid-19, que ofrecemos esta tarde as bibliotecas municipais grazas á iniciativa e financiamento da redondelana Fundación Filomena Rivero Alonso.
Agradecemos á Fundación Filomena e mais ao equipo de ContAZ pola fermosa tarde de vésperas do Nadal na biblioteca, e polo grande esforzo para que todo saíra ben.
Pero tamén estamos moi agradecidos por ver o seguemento que esta actividade tivo nas nosas redes sociais, e por comprobar que foron moitos os nosos lectores e amigos os que gozaron, dende as súas casas desta historia que nos uniu a todos e a todas na distancia.
Adiantámosvos que o próximo martes 29...teremos novo contacontos.
Moitas grazas e bo Nadal!
No hay comentarios:
Publicar un comentario