jueves, 29 de julio de 2021

AVISO: Próximos días de peches das bibliotecas de Redondela

 


Os libros que máis lle prestan a.... Anxo Angueira

 

Como xa sabedes, mensualmente o SNL do concello de Redondela estase a poñer en contacto con distintos/as creadores/as e persoas das letras para pescudar sobre as súas preferencias literarias e os libros que máis lles marcaron ao longo da súa vida.

Neste  mes de xullo é Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro o convidado. En varias ocasións, nestes últimos anos, estivo en Redondela participando en actividades arredor da nosa escritora nacional. Ademais encargouse da edición de varios poemarios e publicou numerosos artigos sobre Rosalía. Sen dúbida é un dos grandes promotores e divulgadores da vida e obra rosalianas.

Aquí podedes acceder á entrevista no blogue do Servizo de Normalización Lingüística de Redondela

As bibliotecas poñemos o noso pequeno gran de area nesta preciosa iniciativa , colocando cada mes, nas nosas salas de lectura, un centro de interese coas obras dos escritores que máis lle prestan ao autor/autora do mes.

viernes, 9 de julio de 2021

A exposición "Xela Arias e as palabras", do CEIP Porto Cabeiro, agora na Biblioteca Xela Arias!

 

A exposición na sala infantil da Biblioteca Xela Arias

Xela Arias e as palabras é o título do proxecto didáctico co que o redondelán CEIP Plurilingüe Porto Cabeiro resultou gañador, dentro da categoría de centros de Primaria, no Concurso-Exposición arredor da autora homenaxeada polas Letras Galegas 2021 que organizaba a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. 
 
 
A comisión de valoración encargada de resolver a convocatoria salientou a “orixinalidade e creatividade, pola beleza estética e pola diversidade das técnicas empregadas na procura de difundir a vida e a obra de Xela Arias entre o público máis novo”.

Froito deste proxecto didáctico, o alumnado do centro elaborou 10 fermosos e orixinais carteis para difundir a vida, a obra e o traballo da poeta, editora e tradutora a prol da nosa lingua e a difusión da cultura.

 


Agora eses carteis podédelos ver no mellor sitio posible: na biblioteca que leva o nome da nosa querida autora, en Chapela. 

Dende hoxe dánlle vida e embelecen a sala infantil da mesma.

 

Moitas grazas ao CEIP Porto Cabeiro e parabéns por ser merecedores dese premio! Grazas por darlle vida a Xela Arias coa vosa creatividade, e grazas por cedernos o voso traballo para a biblioteca.


martes, 18 de mayo de 2021

Buscando e atopando a Xela Arias e a súa biblioteca

💟 Emocionados que estamos coa xentileza do 🔸 CPR María Inmaculada (Verín),  🔸 CEIP Xunqueira 1 (Pontevedra),  🔸 Colexio de Verducido (Pontevedra), 🔸 Colexio de Campañó (Pontevedra),  🔸 CPI Curros Enríquez de Pazos de Borbén, 🔸 C.R.A. Monterrei (Ourense),  🔸 Santa María do Castro (Boiro),  🔸 CEIP de Quiroga (Lugo) e 🔸 O Ruxidoiro (A Valenza-Ourense) 🔸 CPR Colexio Vigo (Redondela)  que, non soamente, buscaron e atoparon a Xela a través da visita virtual á Biblioteca P.M. Xela Arias de Chapela (Redondela), senón que nos enviaron as fotografías que dan fe dese encontro que sabemos foi moi, moi grato. 

CEIP de Quiroga (Lugo)

Colexio de Verducido (Pontevedra)
CPI Curros Enríquez (Pazos de Borbén)

Colexio de Campañó (Pontevedra)
 
CEIP Ruxidoiro (A Valenza, Ourense)

CEIP de Quiroga (Lugo) 2
CEIP Santa María do Castro (Boiro)  
C.R.A. Monterrei (Ourense)

CPI Curros Enríquez (Pazos de Borbén)

CPR María Inmaculada (Verín)
 
CPR Colexio Vigo (Redondela)


Ademáis, onte as Bibliotecas Municipais de Redondela recibimos un agasallo moi fermoso. É o traballo dunha nena dun cole de Vigo: mandoullo a Raquel Queizás a súa nai e Raquel a nós.

 É un debuxo no que sae a nosa Biblioteca Xela Arias de Chapela debuxada como se fose unha casiña de conto…

 

A autora chamase Alba, ten 10 anos, e estuda no Centro Dr Fleming de Vigo.

MOITAS GRAZAS A TOD@S QUE COMO NÓS… 💖 XELA ARIAS!