Mostrando entradas con la etiqueta Maxia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Maxia. Mostrar todas las entradas

martes, 25 de febrero de 2020

Novo club de lectura para a rapazada na Biblioteca de Chapela


A Biblioteca Xela Arias de Chapela convoca un máxico club de lectura para a rapazada da contorna.
Nenos e nenas, mozos e mozas de 8 a 12 anos, están convidados a apuntarse ao noso club:
"MAGOS E LECTORES"

Unha proposta fascinante na que combinamos lectura e maxia, unindo á fantasía e emoción da lectura a diversión do ilusionismo, coa aprendizaxe de trucos e moitos misterios.

Para conducir a actividade, como non, contaremos coa fantástica prestidixitadora Leo Leíño, con longa experiencia na organización de clubs de lectura infantiles e xuveniles coas nosas bibliotecas.


Xuntarémonos un xoves ao mes, en horario de 18:30 a 19:30 h.
Comezaremos o xoves 12 de marzo. 

Se estades interesados en participar, poñédevos en contacto coa biblioteca de Chapela:
  • Nas súas instalacións do Multiúsos do Piñeiral do Crego. De luns a venres, de 16:00 a 21:00 h.
  • No teléfono 986-454-226
  • No correo bibliotecachapela@redondela.gal

A nova en FARO DE VIGO.

martes, 11 de febrero de 2020

Visita do CEP Santa Mariña á Biblioteca de Redondela

Como gozamos onte, na visita do CEP Santa Mariña á Biblioteca de Redondela 😍🎉
O fin de festa coa maga Leo Leiño e a súa axudante Cris Chisgarabís foi o máis divertido e máxico do "mundo mundial".

Pica na imaxe para acceder a máis fotografías da visita
https://photos.google.com/share/AF1QipN1xVHtij_LrZTDc1HddcGRPvfCSNSYlJ_Un9hy9QdZ7_Axhd6x4WjoSapy7AeNdg?key=M0tqS1d1bVJfSUhNNmNDMVVRMU1qVm5yRmlKYTB3

viernes, 3 de enero de 2020

"Nadal Total" na Biblioteca de Redondela


Pica aquí para acceder ás fotografías
A Fundación Filomena Rivero Alonso desenvolveu, do 23 ao 30 de decembro, unha programación de Nadal de caracter inclusivo baixo o título de "Nadal Total". Dentro da mesma desenvolvéronse na Sala Infantil da Biblioteca Municipal de Redondela, dous contacontos (26 e 27):
Un conto con moito conto con Az lengua de signos

Os esquios Diantres e Diaños xogan nunha fraga do Courel, cando de súpeto, un libro envolto cun lazo aparece baixo a árbore centenaria. Para quen será este conto tan fermoso? No intento de descubrir para quen será o ogasallo, faránse con moreas e moreas de máis contos e contiños. 

“Un conto con moito conto” é unha historia de intriga que fomenta a importancia da lectura. Personaxes apaixonados polos contos, que amosa a importancia de compartir os libros. Unha historia onde os contos non rematan e os valores están presentes
  
"Un conto con moito conto"
Perdido? con Az lengua de signos

Esta é a historia dun neno chamado Neno e dun pingüín chamado Pingüín. Dun humano e dun animal que deciden remar na mesma dirección. Unha historia de amizade sen condicións nin límites, dunha viaxe de ida e volta surcando os mares do planeta, que cambiará as súas vidas para sempre. De onde virán os pingüíns?

Perdido? é a historia dunha viaxe mariña ate o Polo Sur e o mesmo tempo, dunha viaxe interna polas emocións das personaxes a medida que vai transcorrendo o tempo. Nesta historia que plantexa aspectos coma a comunicación e a incomunicación; as certezas e as dúbidas; as preguntas e as respostas; a comprensión e a incomprensión acaban por confluír todas no valor da amizade entre seres diferentes e a importancia da cooperación.
 
O contacontos musical "Perdido?"
e unha actividade de "Maxia no Nadal"(o día 30)
Un espectáculo de maxia, a cargo da maga Leo Leiño, impregnado do espírito destas datas.
"Maxia no Nadal"

lunes, 30 de septiembre de 2019

Maxia en igualdade para os centros de ensino de Chapela, co mago Pedro Bugarín


O pasado venres os centros de ensino de Chapela gozaron dunha actividade ofrecida polas bibliotecas municipais.


Máis aló dos contos ou o teatro, a temática desta actividade escolar estaba centrada na MAXIA.



O mago Pedro Bugarín achegou maxia, fantasía e imaxinación aos escolares da nosa parroquia, onde alumnado de 5º e mais de 6º do CEIP Alexandre Bóveda, do CEIP Igrexa, do CEIP Laredo e mais escolares dº 1º da ESO do IES Chapela pasárono en grande cunha sesión de maxia emocionante e divertida.



A actividade foi ofrecida pola Biblioteca Xela Arias de Chapela, dentro do programa Ler conta moito para a promoción da Igualdade.
 

domingo, 5 de noviembre de 2017

Tarde máxica

O escenario do Multiúsos da Xunqueira encheuse de maxia, na tarde do 31 de outubro. A responsable foi Leo Leiño (coa sua axudante, Cristina), unha licenciada en maxia que nos sorprende en cada actuación. 

As bibliotecas de Redondela e a Fundación Filomena Rivero Alonso posibilitaron esta actividade que quería ofrecer uns momentos de diversión aos máis novos nesta noite tan sinalada.
O humor, a emoción,...o medo?, conviviron cun público marabilloso que fixo posible unha sesión inesquecible
 
Aquí tódalas fotografías:


Maxia na noitiña de Defuntos

lunes, 23 de octubre de 2017

Maxia para nenos na noitiña de Defuntos

Comeza a colaboración deste ano coa Fundación Filomena Rivero Alonso cunha actividade, para nenos de todalas capacidades, coa maga Leo Leiño, "Maxia na noitiña de Defuntos"

Este espectáculo de maxia está dirixido a nenos a partir dos 6 anos.
Lugar: auditorio do Multiúsos da Xunqueira
Data: martes, 31 de outubro
Hora: 18:00 h.
A entrada é libre e de balde

 "Maxia na noitiña de Defuntos", é unha actividade cultural de integración.


viernes, 21 de julio de 2017

UN MOMENTO MÁXICO NA BIBLIOTECA DE REDONDELA


Esta mañá, para recibir a visita dos nenos e nenas do  Redondela English Center, a Biblioteca Municipal de Redondela converteuse temporalmente nunha escola de maxia grazas a maga Leo e a súa axundante Cristina. Xuntos compartimos un intre de trucos e sorpresas... e  rematamos case con bágoas de emoción nos ollos cando lembrando a neve, Leo fíxoa caer sobre todos nós.


Na nosa sala infantil, entre contos e libros, puideron descubrir o feitizo das historias e as palabras que os levaron aos mundos fantásticos da súa imaxinación.

Na sala de adultos, fixeron un percorrido que levounos a coñecer todos os seus espazos.
Aquí deixámosvos a fermosa entrada sobre a visita no blogue do centro

Grazas a tódolos nenos/as e ás súas profesoras pola súa simpatía e complicidade. Foi unha mañá inesquecible.


ATA A PRÓXIMA!!!!!!
Aquí próximamente todas as fotos da visita no flickr da biblioteca

miércoles, 8 de marzo de 2017

Visita doce e golosa

Onte pola mañá , os nenos do colexio Santa Mariña, visitaron a nosa biblioteca e, tras un percorrido pola mesma, onde por suposto houbo tempo para a lectura, poideron, ademáis, disfrutar dun espectáculo de maxia, no auditorio do Multiusos, con Leo Leiño, no que participaron activamente: fixeron un percorrido máxico por alguns paises, falaron de contos, e viron..un libro do que saía lume!. Ainda que o mellor chegou cando a mesma Mary Poppins en persoa, apareceu dunha caixa valeira e sacou do seu bolso moitas cousas máxicas, para rematar transformándose  na aia que todos os nenos desexarían ter.
 Para acabar, todos botaron  os seus desexos nunha bolsa que os transformará en realidade, e así, tras unha hora de risas e ilusión, regresaron cheos de ganas de ler e disfrutar lendo. 

 Accedede aquí a todas as fotografías
Visita CEIP Santa Mariña
Como xa indicamos no título do post, foi unha sesión doce e golosa, non só porque, como xa sabemos, Mary Poppins endulza todo para que nos saiba mellor, senón tamén pola estupendísima e supergrande caixa de galletas coa que agasallaron á biblioteca os nosos amigos. Moitas grazas!!!!

jueves, 18 de febrero de 2016

Abracadabra! pasámolo de fábula

Visita dos nosos amigos do CEIP Santa Mariña. Hoxe, tras a visita aos monstros da exposición do Libro ilustrado, xa coñecedores dos mesmos tras ler e traballar nas aulas os álbumes de Maurice Sendak, visita á biblioteca da man de Cote e Vanessa que lles mostraron os carnés de socios dalgúns dos personaxes e para rematar... maxia literaria!!! por obra e arte de Leo Leiño
Visita do CEIP Santa Mariña
Ata a próxima!!!!

viernes, 18 de diciembre de 2015

Nadal e maxia co Club Infantil de Lectura


Este mércores na Biblioteca de Chapela festexamos un club infantil de grandes galas e portas abertas. 


A nosa coordinadora do club, Leo Leíño, agasallounos cun dos seus fantásticos espectáculos. Os rapaces e rapazas que xa forman parte de este equipo de lectores e mais todos os nenos e adultos que se achegaron para coñecernos, gozaron dun número de maxia marabilloso, onde o mundo dos contos e a literatura clásica tamén nos fixeron compañía.


Leo Leíño contounos o coñecidísimo "Canto de Nadal", de Charles Dickens, cun número de maxia, e nos amosou outros trucos, con cartas, cordas... e ata con lume.

Rematamos tomando un petisco, brindando polo Nadal, e gozando da ledicia de estar xuntos.
A mellor das novas é que o noso club infantil incorporou a novos membros. A partir de xaneiro, Claudia e mais Uxía participarán nas sesións do club. Agardamos que lles guste e que, como aos outros rapaces do club, lles motive a seguir participando.
 
 Agradecemos a Faro de Vigo e mais ao Atlántico Diario que deran a coñecer a nosa actividade.


Moi feliz Nadal a todos e a todas.
 

jueves, 11 de junio de 2015

Visita de amigos

Accede aquí ás imaxes

 Que ben o pasamos! Ata sempre amigos do Ceip Porto Cabeiro
e moitísimas grazas polos vosos agasallos!