Mostrando entradas con la etiqueta Os maiores nas bibliotecas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Os maiores nas bibliotecas. Mostrar todas las entradas

martes, 15 de mayo de 2012

Narracións orais coas maiores de Chapela


Dacabalo entre a risa, a troula, pero tamén da sensibilidade e a emoción máis intensa, así foi como Fátima Fernández nos achegou moitas historias da súa terra, a Mariña Lugesa, esta tarde na Biblioteca de Chapela.


Estamos moi agradecidos ás nosas maiores de Chapela, as máis afoutas, que despois da súa clase desta tarde se achegaron á biblioteca para escoitar historias que, de seguro, recordarán con moito agarimo.













E pensamos que a todas nos gustou moito, e que quereremos repetir... e tamén achegar aos homes (as historias non son só para as mulleres!) este xeito de diversión e de transmisión oral das historias máis bonitas.

A actividade, realizada grazas á colaboración entre a Concellería de Cultura da Xunta de Galicia e o Concello de Redondela, a través do programa Letras Vivas, foi deseñada e ofrecida especialmente para o grupo de alumnas das clases de Tai-chi e mais de Reforzo da memoria, que todas as semanas se achegan ao Multiusos de Chapela para asistir ás súas clases.

Algunhas destas alumnas non coñecían a biblioteca nin os servizos que esta ofrecía, e a actividade de hoxe serviu para establecer este achegamento, que agardamos poda ter máis continuidade.














Porque os contos non son só para os nenos... agardámosvos pronto e grazas por vir!



lunes, 14 de mayo de 2012

Narración oral para maiores na Biblioteca de Chapela


Porque os contos non só son para nenos... Despois de moitos anos de coexistencia no Edificio Multiusos do Piñeiral do Crego, a Biblioteca de Chapela convida ás alumnas dos cursos de Tai-chi e e de Reforzo da Memoria a visitar as súas instalacións. 

Trátase dunha visita onde este grupo de mulleres (e mais algúns homes) van coñecer por dentro un servizo con que algunhas non están familiarizadas, pero sobre todo, onde van escoitar fermosísimos contos.

Fátima Fernández, contadora experimentada e percorredora de toda a xeografía galega, vailles achegar a estas novas usuarias da biblioteca "As lembranzas", unha serie de contos baseados na tradición popular das terras da mariña luguesa.

A cita será este Martes, 15 de Maio, ás 19:30 h.