Mostrando entradas con la etiqueta Colaboracións con outros departamentos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Colaboracións con outros departamentos. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de julio de 2020

Filmoteca Galega en Redondela

As bibliotecas municipais de Redondela contamos, dende onte, cunha sección de Filmoteca Galega, creación e iniciativa do Servizo de Normalización Lingüística de Redondela, ao que lle damos as grazas. 
Centro de interese temporal con algúns dos fondos da Filmoteca Galega
    Está dedicada ao cinema galego e en galego. Unha proposta que impulsa e divulga a creación audiovisual en galego.
    Pensamos que é a  primeira sección que, como tal, se crea nun concello de toda Galicia e estamos moi content@s por iso, que volve situar Redondela nunha referencia.
Digna Rivas, alcaldesa de Redondela e Daniel Boullosa, concelleiro de Cultura, no día de onte

No Faro de Vigo 
No Atlántico Diario 
  

viernes, 21 de diciembre de 2018

Máis de 300 persoas súmanse á lectura radiofónica de Verne

 Colexios, institutos, políticos, xentes da cultura e veciños en xeral participan desta iniciativa promovida polas Bibliotecas municipais e a Radio Local coa que se busca conmemorar os 150 anos da “chegada” do Nautilus a enseada de San Simón.
En total máis de 15 horas de radio que se emitirán os luns 24 e 31 de decembro en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:00 horas e que permitirán aos oíntes achegarse dun xeito diferente a un texto de referencia nas novelas de aventuras, a novela “Vinte mil leguas baixo dos mares” de Jules Verne.
 

 Nas últimas semanas foron ducias de persoas as que se foron achegando aos estudios da Radio Municipal de Redondela para participar desta iniciativa que busca conmemorar a chegada do Nautilus á Enseada de San Simón. A iniciativa, enmarcada dentro do programa de actividades que as Bibliotecas Municipais están a desenvolver co gallo do seu 50 aniversario, busca dar a coñecer a obra de Jules Verne centrándose nun dos seus textos máis vinculados coa nosa vila. De feito, un dos capítulos de referencia deste “Vinte mil leguas baixo dos mares” recolle a viaxe que traería ao famoso submarino Nautilus a mando do capitán Nemo ata a enseada de San Simón.

Desde a Radio e as Bibliotecas, agradecen a implicación veciñal nesta iniciativa xa que dende o primeiro momento foron numerosísimos os veciños que se achegaron aos estudios da emisora a gravar coas súas voces un fragmento deste libro. Unha colaboración que chegou tamén dende os colexios coas voces de nenos e nenas da Unitaria de Ventosela, do CEIP de Reboreda, do CEIP de Cedeira así como os estudantes dos Institutos de Chapela, Floriani, Illa de San Simón e Mendiño. Así mesmo destacar tamén a participación  daeditorial Ir Indo que ademáis de  autorizar o uso da súa obra para esta actividade tamén participou na lectura

 Accede aquí a algunhas das fotografías das gravacións:

Mergullándonos nas ondas con Verne

A participación veciñal foi tal que se logrou gravar a totalidade do libro. 472 páxinas que se traducen en máis de quince horas de gravación que se poderán escoitar os días 24 e 31 de decembro en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:00 horas na Radio Municipal de Redondela no 94.9.
Ademais de render homenaxe ao escritor e festexar a “visita” do submarino ao noso concello, as Bibliotecas e a Radio Municipal consideran que se ten logrado todo un récord con esta iniciativa ao tratarse da lectura radiofónica máis longa feita dunha obra destas características.

Os audios tamén se atoparán dispoñibles na plataforma iVoox:

miércoles, 21 de febrero de 2018

24 de Febreiro, Día de Rosalía: Adícalle os teus caligramas



As Bibliotecas Municipais, conxuntamente co Servizo de Normalización Lingüística de Redondela, propoñémosvos unha actividade para agarimar á poeta no seu día. Este ano farémolo adicándolle caligramas cos seus poemas.

Podedes ver e colorear os caligramas rosalianos que vos temos preparados nas bibliotecas, ou podedes facer vós o voso deseño.

Entre o mércores 21 de febreiro e o venres 2 de marzo, debuxa na biblioteca os poemas de Rosalía.

Esta actividade forma parte dos actos de homenaxe que o Concello de Redondela lle vai render á poetisa esta fin de semana, coincidindo co 24 de febreiro, Día de Rosalía:
  • O venres 23 de febreiro, ás 18:00 h., e dentro dos Venres Cativos do Servizo de Normalización Lingüística, o auditorio do Multiúsos de Chapela acollerá unha obra de títeres, titulada: A viaxe de Rosalía.
  • O sábado 24 de febreiro, ás 18:00 h., a Alameda de Chapela acollerá un acto institucional, con música e poemas onde se inaugurará a placa co novo nome deste parque urbán: Rosalía de Castro.

martes, 20 de febrero de 2018

Agasallo dos Viadutos

O Concello de Redondela, a través da súa Concellería de Xuventude, leva 17 anos convocando o Premio de Relatos Curtos "Os Viadutos", para escritores noveis.

Este ano, por primera vez, convoca un premio de novela, que levará o mesmo nome. 2018 será a I edición do Premio Viadutos de Novela, que convocan conxuntamente o Concello de Redondela e mais a Editorial Galaxia.
O Servizo de Xuventude a través das bibliotecas de Redondela quere achegar  a cada  usuario das mesmas un exemplar dos relatos da XVII edición que se complementa coas bases que rexen a convocatoria deste ano.
Ata esgotar existencias