Mostrando entradas con la etiqueta Coloquios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Coloquios. Mostrar todas las entradas

lunes, 26 de febrero de 2018

A España rural, a debate no Multiúsos de Chapela



Este pasado venres o Multiúsos de Chapela acolleu a charla mensual organizada pola asociación dos Amigos das Bibliotecas de Redondela

Desta vez o encontro versaba sobre a vida no entorno rural, ao fío do interesante ensaio publicado por Sergio del Molino: "La España vacía".

Participaron no mesmo David Faro, profesor de historia, Paco González, xerente do grupo de desenvolvemento local do Condado-Paradanta, Rosi Covelo, voluntaria do grupo medioambiental Voltea Condado, Carmela Pérez, profesora de bioloxía no IES Val Miñor de Nigrán, Ángel García, mestre do CPI de Mondariz, e Severino Estévez, neolabrego de Moscoso.

A todos eles, e aos asistentes ao coloquio, todos eles moi participativos, dámosvos as grazas desde as bibliotecas.

  • A vindeira xuntanza dos Amigos das Bibliotecas estará enfocada nos Vikingos en Galicia, e conduciráa o profesor de historia Mario López-Vittori; oVenres 9 de Marzo, ás 20:30 h, na Casa da Cultura de Redondela.

viernes, 10 de noviembre de 2017

Os Amigos das Bibliotecas achégannos as Revoltas Irmandiñas no Multiúsos de Chapela


Ás armas! Ou mellor aínda, aos libros!

A Asociación de Amigos das Bibliotecas convídanos a todos a un tempo de reunión moi especial na que se revisará o histórico e o lendario, o real e o imaxinado, sobre un momento apaixonante do pasado galego: as Revoltas Irmandiñas.

Unha cuaderna vía de Pero López de Ayala, chanceler maior de Castela, ábrenos a porta do encontro:


Cobdician cavalleros las guerras de cada día,        
por levar muy grant sueldo e doblar la cuantía:    
e fuelgan quando veen la tierra en robería         
de ladrones e cortones que llievan en compañía.


Vaia coa imaxe! Eses cabaleiros dando mamporrazos diariamente só para aumentar a súa bolsa...

O profesor Mario López Vittori, o noso excepcional relator, é un preclaro experto medievalista, cuxa tese doutoral se desenvolve sobre, precisamente, os Irmandiños. No encontro desvelará os últimos avances sobre estes acontecementos singulares e subliñará os sutís lazos que enlazan pasado e presente.

Que hai de verdade, que hai de mito destes lendarios soldados que derruíron torres e fixeron tremer á nobreza galega no século XV?

Os gorrións volverán correr tras os falcóns e ofrecerannos todas as respostas o venres 17, ás 20:30 h., no Multiúsos de Chapela.

Porque quizais torres máis altas caeran... pero nunca foron tan ben explicadas!

lunes, 15 de mayo de 2017

O músico Alejo Amoedo e os Amigos das Bibliotecas de Redondela achéganos a dous persoeiros da nosa vila

O pasado venres, na Casa da Cultura de Redondela, e dentro dos parladoiros organizados polos Amigos das Bibliotecas de Redondela, o músico Alejo Amoedo, achegounos a vida e a obra de dous importantes persoeiros do século XX en Redondela: o compositor Reveriano Soutullo e mais o xornalista Diego San José.

Presentado polo profesor de música Julio Alonso, Alejo Amoedo, que está a ultimar a súa tese doutoral sobre o músico redondelán, compartiu co público asistente contidos de grande interese sobre ese período da nosa historia.

Compartimos álbum de fotografías subido polos Amigos das Bibliotecas de Redondela nas súas redes sociais.




lunes, 9 de enero de 2017

Os alicerces da identidade europea: nova actividade dos Amigos das Bibliotecas no Multiúsos de Chapela


Despois do éxito de Leolo Go! os Amigos das Bibliotecas de Redondela ofrecerannos unha nova actividade esta semana, desta vez, para público adulto.

Será este Venres, 13 de Xaneiro, ás 20:30 h., na sala de exposicións do Multiúsos de Chapela.

Os alicerces da identidade europea é o título da charla que o profesor de historia David Faro impartirá este venres en Chapela. Nesta conversa achegaranos as bases que, ao longo da historia, deron para fraguar unha unión monetaria, primeiro, e política, despois, que aínda está en construción.

Jerónimo Pomares, coordinador dos clubs de lectura das bibliotecas presentará ao convidado desta xornada e moderará o debate.

A entrada é libre e gratuíta.

NOTA: Complementando a actividade, podedes ler dous textos moi breves propostos polo noso poñente:
- Prólogo de Mario Vargas Llosa en "La idea de Europa", de George Steiner.
- Fragmento de "Occidentalismo", de Ian Buruma e Avishai Margalit.

Podedes solicitarlos no mostrador das bibliotecas.

jueves, 17 de noviembre de 2016

Charla- coloquio para conmemorar o 400 aniversario da morte de Miguel de Cervantes

   As Bibliotecas de Redondela e a Asociación de Amigos das mesmas, organizan  unha charla-coloquio que imparte Alexia D´Otras Bravo baixo o lema “Ficción, parodia e recreación en Don Quijote de la Mancha”. 
    Esta conferencia enmárcase dentro das actividades que se  levan a cabo con motivo do 400 aniversario da morte do autor de El Quijote e ten como tema central os episodios da corte dos duques e o aspecto teatral na segunda parte de Don Quijote
Añadir leyenda
 

Alexia Dotras Bravo, doutora europea en Filoloxía Española pola Universidade de Vigo, cunha tese sobre Los trabajos cervantinos de Salvador de Madariaga, Premio de investigación nacional de Estudios Cervantinos de la Sociedad Cervantina de Madrid e profesora adxunta na Escola Superior de Educação de Bragança, publicou diversos artigos en revistas especializadas, participa en congresos nacionais e internacionais desde 2000 e editou varios libros na área da literatura cervantina, a literatura siglodorista, a literatura infantil, as relacións literarias e culturais entre Portugal e España -e Galicia e Portugal-, tamén  ensina  literatura para estranxeiros, ademais de especializarse na obra de Salvador de Madariaga, de tipo cervantino e tamén literario ficcional.
Alexia D´Otras, primeira coordinadora dos nosos Clubs de Lectura para adultos



  •  Animámosvos  a que leades os capítulos XXX a XLIII da segunda parte de Don Quijote, para aproveitar moito máis este interesantísimo coloquio.
  • Tamén poñemos á vosa disposición o capítulo «Teatro como burla: el poder de los duques en el Quijote, II» neste enlace.
A actividade terá lugar na Casa da Cultura de Redondela (Praza Figueroa), o venres 2 de decembro, ás 20:30 h.
 A entrada é libre e de balde.

miércoles, 1 de junio de 2016

Pornotopía: a cama ultraconectada: próximo coloquio da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela


Fieis á cita puntual de cada trimestre, o vindeiro venres 3 de xuño, ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Redondela, terá lugar unha nova entrega -a última do curso- desta segunda xeira de parladoiros dos Amigos das Bibliotecas de Redondela: 


O título tan orixinal e suxestivo para a xuntanza se debe en realidade ao libro que será o protagonista da mesma:


Pornotopía: arquitectura y sexualidad en el Playboy durante la Guerra Fría, foi finalista do Premio Anagrama de Ensaio no ano 2010. A súa autora é a filósofa Beatriz Preciado/Paul B. Preciado.

Coordina este coloquio Antom, profesor de filosofía do IES do Sar de Compostela.

Para participar nesta actividade recoméndase a lectura de varios fragmentos seleccionados do libro, que se poden solicitar nas bibliotecas municipais, ou a
través do correo da asociación: 

Aproveitamos para lembrarvos que os que esteades interesados no libro, podedes solicitalo nas nosas bibliotecas.

martes, 8 de marzo de 2016

"Illas e Libros" achegámonos a Cabo Verde e ás súas bibliotecas coa Asociación de Amigos das Bibliotecas e con María José

A música, as imaxes e as historias narradas pola nosa compañeira Mª José Villar este pasado venres no Multiúsos de Chapela, trouxéronnos toda unha evocación das lonxanas terras de Cabo Verde: o seu calor, sabor color e sensualidade.

 A nosa bibliotecaria de Chapela foi a convidada deste trimestre nos coloquios organizados pola Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, que nesta ocasión se centraban na experiencia de cooperación que viviu a nosa bibliotecaria viaxeira no continente africano.

Mª José participou na pasada convocatoria do programa "Vacacións con Traballo" do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, gozando dunha estadía para a axuda, formación e intercambio de coñecementos na biblioteca do caboverdiano concello de Santa Cruz. 

As experiencias deste intenso mes de traballo foron contadas no Blog deste proxecto, mais este venres nolas achegou a todos os presentes, dun xeito emotivo e evocador. Contamos ademáis con Roberto Mansilla, do Fondo Galego, que nos informou sobre o traballo de esta institución e dos seus proxectos arredor do mundo, e deixamos tempo para as preguntas e comentarios dos asistentes, que tamén gozaron da música e os bailes de Cabo Verde.

Agradecemos moito á Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela por propoñer esta actividade. Tamén ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade por, a través desta convocatoria, permitirnos ás bibliotecas municipais de Redondela estar máis preto dos colegas do outro cabo do mundo. Toda unha experiencia!

E para os que vos perdestes este momento, podedes vivilo todo neste vídeo.


O coloquio tivo lugar na Sala de exposicións do Multiúsos de Chapela, onde durante este mes de marzo podedes visitar a exposición fotográfica "Galicia - Cabo Verde, unha irmandade", organizada tamén polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e que se inaugurou o pasado 3 de marzo.
 
Faro de Vigo recolle aquí a inauguración. 

Deica a próxima xuntanza!

lunes, 18 de enero de 2016

Delibes e a caza... primeiro parladoiro literario da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais en Redondela

http://amigosbibliotecasmunicipaisredondela.blogspot.com.es/2016/01/cazando-ideas.html?spref=fb
 
 O pasado venres tivo lugar a primeira das actividades do ano ofrecidas pola Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela.
Desta vez, o tema era polémico.... a caza!
Iñaki de Miguel, veterinario redondelán e afeccionado á caza foi o encargado de presentar unha ponencia que deu para debate.
Miguel Delibes, e o seu relato "El amor propio de Juanito Osuna" foi o relato literario que serviu para presentar a sesión.

Moitas grazas por propoñer a actividade, e grazas a todos os que participáchedes.

Deica a próxima!

jueves, 7 de enero de 2016

Tirando a dar! Miguel Delibes no biblioforum da Asociación de Amigos das Bibliotecas de Redondela


Iñaki de Miguel, veterinario e cazador, proporanos un emocionante debate sobre a caza: é unha práctica ecolóxica ou unha crueldade?, pode considerarse un deporte?, achéganos á natureza ounos afasta dela? 

Para atopar respostas a todas esas controvertidas cuestións, revisaremos a relación entre caza e literatura segundo Miguel Delibes, baseándonos especialmente no seu conto “El amor propio de Juanito Osuna”

Agardamos que a convocatoria teña éxito, e que resulte tan interesante como as anteriores xuntanzas.

A cita será o:Venres 15 de Xaneiro, ás 20:30 h.
Non faltedes!

viernes, 4 de septiembre de 2015

HOXE ! Funestos Recordos, Parladoiro

Desde a Asociación de Amigos das Bibliotecas de Redondela anuncian unha nova actividade que, baixo o lema “Funestos espellos. Borges e os espellos da memoria”, se desenvolverá o venres 4 de setembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Redondela (Praza de Figueroa).
Trátase dun parladoiro, dirixido por Roberto Lago Fernández (Licenciado en Filosofía pola Universidade de Salamanca) e moderado polo coordinador dos clubs de lectura de adultos das bibliotecas municipais, Jerónimo Pomares; que xirará en torno ao relato de Jorge Luis Borges Funes el memorioso.



O conto de J. L. Borges co que imos traballar será: Funes el memorioso
É importante ler, a se posíbel máis dunha vez, o texto para aproveitar ao máximo o debate. Podedes solicitalo (formato .pdf) no correo amigosbibliotecasredondela@gmail.com ou recollelo en papel nas dependencias da biblioteca municipal.
Tamén achegamos un enlace á entrada no blog da asociación relativa ao evento e o cartel anunciador do mesmo por se vos animades a compartilo.
http://amigosbibliotecasmunicipaisredondela.blogspot.com.es
A inscrición na actividade non é estritamente necesaria, mais, para contar cunha previsión de asistencia á mesma, agradeceriamos confirmarades a vosa intención de asistir no correo electrónico amigosbibliotecasredondela@gmail.com
ou na Biblioteca Municipal de Redondela (986 401 561)

martes, 19 de mayo de 2015

Debate-Coloquio sobre "O grande inquisidor" de Dostoiévski

Debate-coloquio sobre "El gran inquisidor", relato  que forma parte de "Los hermanos Karamazov" de Fiodor Dostoiévski,  o Venres 5 de xuño ás 20:30 h. na Casa da Cultura de Redondela.

Entrada é libre e de balde.
Na sesión participará o profesor de filosofía do IES de Sabón (Arteixo), que axudará ao grupo a sinalar as claves máis importantes deste texto e a tirar del a información máis interesante.

O relato pódese recoller nas dependencias da Biblioteca Municipal de Redondela ou solicitalo por correo electrónico a amigosbibliotecasredondela@gmail.com. Estes enviarán o texto ao destinatario en formato.pdf (16 páxinas).

jueves, 1 de mayo de 2014

"Vida de nai", Gemma Sesar pecha a VI Semana do Libro: A Festa das Palabras na Biblioteca de Chapela

Este martes pechamos a VI Semana do Libro: A Festa das Palabras na Biblioteca de Chapela. Desta vez, cunha proposta de banda deseñada: o cómic "Vida de nai", que foi presentado por Gemma Sesar, a súa autora.

Gemma Sesar
Gemma Sesar falounos sobre como foi ideado este cómic, sobre a súa visión do papel da nai hoxe en día e sobre o seu concepto de crianza dos fillos. 
A idea naceu previamente nun blog. Nel a autora comezou a escribir ao pouco de converterse en nai por segunda vez, como un xeito de rirse da súa dificultade de afrontar a vida cos nenos. Este xogo de ocio e de traballo se converteu ao pouco tempo nun proxecto máis sólido, co que, dende a súa editorial, decidiron afrontalo como un documental sobre a maternidade, ao que puxeron como título Unha hora curta e, asimesmo, nun cómic, Vida de nai: o inverno do que está a piques de editarse unha segunda parte.
 

Pero asimesmo, Gemma Sesar é a editora da xa prestixiosa El Patito Editorial, polo que tamén nos achegou as orixes e o descorrer deste proxecto, levado á par entre ela e mais a súa parella: Fausto Isorna.

Entre anécdotas e as narracións de Gemma, tamén tiveron protagonismo os comentarios das persoas do público, maiormente feminino, que se achegaron á biblioteca para compartir esta experiencia. 

Houbo espazo para o debate, e a diversidade nos puntos de vista, e finalmente para a adquisición de exemplares por parte das persoas interesadas, e tamén para asinar os exemplares por parte da autora.

A actividade realizouse dentro da VI Semana do libro: A Festa das Palabras, grazas á colaboración das Bibliotecas municipais de Redondela co Servizo de Normalización Lingüística do Concello.
Gemma Sesar coas bibliotecarias de Redondela
Preparando a actividade, con María da librería Mandamamá e César, do Multiusos de Chapela
Agradecemos a Gemma e mais a todos e todas as presentes a súa participación e aledámonos de que a actividade fose tan entrañable e exitosa. 

lunes, 21 de abril de 2014

Presentación do cómic "Vida de nai" na Biblioteca de Chapela, coa súa autora, Gemma Sesar

A editora Gemma Sesar, corresponsable do anovador proxecto El Patito Editorial, achegarase  á Biblioteca de Chapela o vindeiro MARTES 29 DE ABRIL ás 20:00 h., para presentar o comic da súa autoría Vida de nai.
A autora, Gemma Sesar
O texto do mesmo xurdiu dun blog homónimo que a mesma autora comezou a escribir no ano 2010, como un xeito de liberación ou catarse ante o caos que supuña na súa vida compatibilizar a faceta de nai coa de empresaria en tempos difíciles, e forma parte do proxecto Canal Madre, da mesma editorial, onde se enfocan diferentes perspectivas sobre a maternidade.
Unha páxina do cómic "Vida de nai"

O día a día, a realidade dos pais e, sobre todo, das nais de hoxe, que teñen que facer óco ao seu novo rol a base de renunciar a moitos aspectos da súa vida íntima e persoal; os sentimentos frustrantes e negativos e, en xeral, a dificultade coas que se ven os pais primeirizos son temas que se abordan con especial sensibilidade nesta obra.

O debuxante Ramón Marcos fai as ilustracións, mentres que Jorge Castelli, é quen aplica a cor do cómic.

Sobre esta publicación, pero tamén sobre o papel da muller traballadora na sociedade de hoxe, sobre a conciliación laboral e familiar... falaremos o vindeiro martes. 

Estades todos e todas convidados. A entrada é libre e gratuita. Contaremos cun espazo de venda, para que os interesados podan adquirir o libro e levalo asinado para a casa.

A presentación encádrase dentro das actividades da VI Semana do Libro: A Festa das Palabras, que estamos a celebrar durante todo este mes as Bibliotecas Municipais de Redondela e mais o Servizo de Normalización Lingüística do Concello.

viernes, 7 de marzo de 2014

A economía desángrase..


Se é que os contos son moi sabios....A leiteira, o Rato Pérez e moitos, moitos outros, sabían máis de economía que moitos grandes analistas de hoxe en día. E iso vailles demostrar Pepa Martín, aos alumnos de Dinamización Cultural e Tempo Libre do Obradoiro de Emprego "Emprega Verde" e ao alumnado do Ciclo de Educación Infantil e do Ciclo de Atención a Persoas en situación de dependencia do IES de Chapela o próximo día 17. Seguro que descubriremos a solución a esta crise económica!

Con esta conferencia dá comezo a programación que, froito da colaboración entre a Fundación Filomena Rivero Alonso e a Biblioteca Municipal de Redondela, se irá desenvolvendo ao longo de todo este ano. Con ela poremos en marcha actividades que de seguro van ser moi satisfactorias para todos os participantes, especialmente para o público infantil. 

Como sempre podedes estar ao tanto das mesmas neste blog e na nosa páxina e perfil de Facebook.

              Moitas grazas dende aquí á Fundación Filomena Rivero!

viernes, 28 de febrero de 2014

Electrónica ética: Enxeñería sen fronteiras xerando debate e reflexión na Biblioteca de Chapela

 
Este xoves gozamos na Biblioteca de Chapela dunha amena charla sobre electrónica ética, desenvolvemento de dispositivos electrónicos, produción sostible e consumo responsable.



O coloquio estaba organizado pola ONG Enxeñería sen fronteiras, dentro do seu programa de concienciación sobre o consumo ético da electrónica e que realizaban, neste senso, unha experiencia piloto dentro da nosa biblioteca.



A actividade comezou cunha breve presentación, a cargo de Andrés Suárez, portavoz do grupo nesta ocasión, e continuou cun xogo no que participamos todos os asistentes.



Os organizadores convidáronnos a realizar un xogo de rol no que cada un de nós pudo valorar as dificultades e as esixencias dos diferentes factores que interveñen no consumo e na producción de todos os aparellos e gadgets dos que cada día somos máis dependentes. As empresas, a publicidade, os gobernos, os usuarios e tamén as escolas, as ONG... todos temos un papel activo e somos responsables en que a producción dos aparellos sexa menos agresiva co medio ambiente, menos lesiva cos dereitos laborais dos seus produtores, e menos destrutiva coas comunidades produtoras de materias primas.

Podedes ver aquí este breve vídeo, cortesía de Vigovídeo, do mesmo xeito que as fotografías. Agradecémoslle tamén a súa participación e colaboración na actividade.

viernes, 21 de febrero de 2014

Charla sobre electrónica ética na Biblioteca de Chapela

O vindeiro xoves 27 de febreiro ás 20:30 h. estará na Biblioteca de Chapela a ONG Enxeñería Sen Fronteiras. Eles nos darán unha introducción sobre aquelo que se sabe da fabricación dos aparatos electrónicos (o lado escuro?). 

Falaremos de consumo responsable, de reciclaxe e de costos sociais, de explotacións sostibles e non sostibles. 

Ademáis, o finalizar a charla, faremos un obradairo para aprender e pasar un bo rato.

Achegádevos o vindeiro xoves á Biblioteca de Chapela, e coñeceremos o outro lado da tecnoloxía.

miércoles, 22 de mayo de 2013

"Mindfulness" ou a conciencia plena, ponencia de Andrea Costas onte na Biblioteca de Chapela

 A naturópata Andrea Costas achegounos onte á Biblioteca de Chapela un interesante percorrido polos orixes da técnica de autoregulación do estrés chamada Mindfulness ("conciencia plena"), desenvolvida polo médico e profesor da Universidade de Masachussets Jon Kabat Zinn na década dos 80, e que está a gozar dunha interesante repercusión nos últimos anos en España.















Cun interesante currículum no mundo da naturopatía, e cunha vinculación personal moi intensa coas bibliotecas -tal que foi Graciela Arias, bibliotecaria do Concello de Soutomaior, a encargada da súa presentación-, Andrea nos propuxo esta charla-coloquio para achegarnos información sobre a materia, e para abrir debate entre os nosos usuarios de Chapela.

No seu relatorio amosounos os beneficios da aplicación desta práctica, especialmente en pacientes con diferentes enfermidades, e as investigacións científicas que se levan realizado sobre este terreo.  

A través da conexión corpo-mente, a autoaceptación e a concentración no momento presente, o Mindfulness beneficia ao seu practicante, ainda que para participar do proceso éste debe mostrar unha actitude axeitada, que se resume nas  7 características mindfulness.

 





A ponencia achegounos tamén  moitos detalles curiosos e interesantes, como a conexión entre a filosofía budista e mais esta práctica, destacando a colaboración do asesor do Dalai Lama, Matthieu Ricard, considerado "o home máis feliz da terra", coas investigacións da Universidade de Masachussets neste eido. Tamén nos falou dos estudos en Mindfulness en España e dos seus divulgadores máis importantes. Pareceunos particularmente interesante a implementación desta práctica no mundo da escola, así como os beneficios que parece traer para a educación na atención dos rapaces.

Ao final da ponencia houbo espazo para o coloquio, e foron varias as persoas que se interesaron por facerlle consultas a Andrea Costas. A nosa relatora rematou facendo un pequeno experimento con todos nós, convidándonos a probar unhas uvas pasas dun xeito diferente: saboreándoas e gozándoas como se fose a primeira vez.
 

Moitas grazas, Andrea e mais Graciela, por traernos esta experiencia á nosa biblioteca.
Aquí o blog de FENACO faise eco da nova.

miércoles, 15 de mayo de 2013

Charla-coloquio na Biblioteca de Chapela sobre "Mindfulness", unha nova estratexia para afrontar o estrés


O vindeiro Martes 21 de Maio, ás 20:00 h., estará connosco, na Biblioteca de Chapela, á naturópata Andrea Costas, que nos falará sobre esta técnica para lograr equilibrio, para afrontación de situacións de estrés e para resolver os nosos conflitos. 
Mindfulness é un termo inglés cuxa tradución pode ser a de “atención plena” ou “conciencia plena”. Como técnica foi desenvolvida por médicos e científicos americanos nos anos 80, aínda que poderiamos dicir que na súa orixe se remonta ao budismo.


Mindfulness sérvenos para vivir con plenitude o noso presente, ofrecéndonos ferramentas para desenvolver a parte máis positiva do noso cerebro. Preséntanos estratexias para utilizar a sabedoría do corpo e da mente, de xeito que melloremos na nosa capacidade para afrontar a tensión, a dor e a enfermidade. No plano de desenvolvemento persoal amplía nosa capacidade de resiliencia, isto é, a capacidade de asumir con flexibilidade situacións límite e de sobrepoñernos a elas, e nos axuda a tratarnos con benevolencia, aceptándonos tal como somos e reducindo os nosos autoaxuizamentos negativos.



Andrea Costas, naturópata diplomada en osteopatía craneosacral (ver aquí o seu currículum vitae), é veciña de Soutomaior e, na actualidade, exerce a súa profesión en Chapela. Conta cunha ampla formación en diferentes programas relacionados con Mindfulness e, a xeito de voluntariado, exerce como coordenadora dun club de lectura de alemán na Biblioteca de Soutomaior.

O coloquio, ao que poderemos asistir este martes, é un avance da conferencia que a nosa ponente presentará no II Congreso Anual de Naturopatía Galega, organizado por FENACO (a Organización colexial naturopática española) no vindeiro mes de xullo.

miércoles, 8 de mayo de 2013

Chega co Vento


Os Clubs de Lectura das Bibliotecas Municipais de Redondela recibirán este venres, 10 de maio, ás 20:15 h. no Multiusos de Chapela ao editor Eduardo Riestra para debater en torno ao libro Diario de un fiscal rural deTawfiq Al-Hakim .

Eduardo Riestra, logo de anos traballando para unha importante multinacional e vivir en Londres e Lisboa, acabou aterrando na súa cidade natal (A Coruña) para facer algo que sempre soñara: poñer en circulación os seus libros predilectos. Así naceu Ediciones del Viento que se presentou en sociedade no ano 2003. Desde entón esta editorial fai as delicias de todos os bos lectores co seu coidadísimo catálogo de clásicos de viaxes, de obras de xovenes escritores da máis alta calidade e coa recuperación da mellor literatura dos séculos dezanove e vinte.