viernes, 16 de abril de 2021

Xela a diario na voz de…Uxía Senlle

Hoxe, Xela na voz de Uxía, grande dama da música galega

E, da man de Ana Facchini, descubrimos a concepción que Xela Arias tiña da poesía como algo vivo, para compartir en comunidade e , xunto a isto, a necesidade de procurar novos espazos para a lírica.
 
Inauguramos NOVA SECCIÓN! cos poemas de Xela que nos facedes chegar: O POEMA SOMOS NÓS!: desde a Librería Avir de A Coruña, Belén pon voz aos seus versos predilectos de Xela.
 
 

jueves, 15 de abril de 2021

Xela a diario na voz de…Esteban Acuña

 
Hoxe, Xela na voz do contador e titiriteiro Esteban Acuña, da compañía Tarabelos.
 
E arrincamos a nosa semblanza sobre Xela cun carballo pois, no ano 1983, a revista "Quercus" expide certificación de que foi plantado un carballo co nome de Xela Arias Castaño. Esta árbore, de preto de 40 anos, está ao carón da  casa familiar da autora. 

 

miércoles, 14 de abril de 2021

Xela a diario na voz de…Luz Beloso

Hoxe, Xela na voz da mestra, pintora e ilustradora Luz Beloso 
 
E, na segunda parte do programa,  a Xela tradutora. "A tradución é un exercicio fantástico para calquera creador que traballe coas palabras" (Xela Arias)
 

#LetrasGalegas2021
#XelaADiario
#XelaArias2021
#XelaAriasRadio
#RedondelaconXela
#DíaLetrasGalegas21
 

martes, 13 de abril de 2021

Xela a diario na voz de…María José Villar

 
Comeza a segunda semana da nosa viaxe!!!!

-Hoxe, Xela na voz de María José Villar, responsable da Biblioteca P. M. Xela Arias (Chapela-Redondela)
 
-Na segunda parte, atopamos a unha Xela na súa faceta de colaboradora no Faro de Vigo e algunhas características da súa poética. Da man de Ana Facchini.
 


viernes, 9 de abril de 2021

Xela a Diario en EMUGA

 A todos os seguidores de ” Xela a diario”: VÉMONOS O MARTES 13! pois este luns, 12 de abril, é festa local en Redondela.

E aínda que o refrán di que en martes non cases nin embarques si que podes escoitar o programa que é breve (8 a 10 min.), entretido e moi, pero que moi substancioso.


E SE NON PUIDESTES ESCOITALOS esta fin de semana volven emitir na Rede de Emisoras Municipais Galegas (EMUGA) nos seguintes horarios:

Sábado:
-13h-Xela na voz de Mª Elena Becerra, directora das Bibliotecas Municipais de Redondela
-19 h.-Xela na voz do enxeñeiro e escritor Fran Fernández Davila

Domingo:
-12h-Xela na voz de Francisco Castro, escritor, editor e director xeral da Editorial Galaxia
-14h-Xela na voz de Moncho Iglesias, poeta, tradutor e docente.
-18h.-Xela na voz de Miguel Anxo Alonso Diz, escritor, poeta e contacontos

E, por suposto, xunto con eles, Ana Facchini, contándonos moitas cousas da Xela artista e muller.

Aquí deixámosvos as ligazóns das páxinas das emisoras: