Mostrando entradas con la etiqueta Radio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Radio. Mostrar todas las entradas

martes, 18 de mayo de 2021

Xela na Voz Amiga de... Darío Gil Arias

 


  Achégase o Día grande das nosas letras. Onte contamos cos recordos de Amparo Castaño, nai de Xela Arias. Hoxe coa voz do seu fillo, Darío Gil, nun dos últimos programas de “Xela a diario”.

Un espazo moi especial que inclúe un agasallo musical: Marcos Acuña, de Truque Matruque, pon música e voz a un poema de Xela. Moitísimas grazas! 💗

 

Aquí, na web de Radio Redondela

 

 

 


viernes, 9 de abril de 2021

Xela a Diario en EMUGA

 A todos os seguidores de ” Xela a diario”: VÉMONOS O MARTES 13! pois este luns, 12 de abril, é festa local en Redondela.

E aínda que o refrán di que en martes non cases nin embarques si que podes escoitar o programa que é breve (8 a 10 min.), entretido e moi, pero que moi substancioso.


E SE NON PUIDESTES ESCOITALOS esta fin de semana volven emitir na Rede de Emisoras Municipais Galegas (EMUGA) nos seguintes horarios:

Sábado:
-13h-Xela na voz de Mª Elena Becerra, directora das Bibliotecas Municipais de Redondela
-19 h.-Xela na voz do enxeñeiro e escritor Fran Fernández Davila

Domingo:
-12h-Xela na voz de Francisco Castro, escritor, editor e director xeral da Editorial Galaxia
-14h-Xela na voz de Moncho Iglesias, poeta, tradutor e docente.
-18h.-Xela na voz de Miguel Anxo Alonso Diz, escritor, poeta e contacontos

E, por suposto, xunto con eles, Ana Facchini, contándonos moitas cousas da Xela artista e muller.

Aquí deixámosvos as ligazóns das páxinas das emisoras:

sábado, 4 de abril de 2015

Don Quixote nas ondas, lectura radiofónica do Quixote no mes de abril en Redondela

 En 1615 publicouse a Segunda parte de Don Quixote. Miguel de Cervantes non tiña inicialmente a intención de publicar unha continuación da obra pero a aparición do Quixote de Alonso Fernández de Avellaneda impulsouno a crear a que para moitos é a mellor secuela da historia.

.
A  Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, a Radio Municipal e as bibliotecas,  queremos sumarnos a este  aniversario coa gravación e emisión  radiofónica de distintos fragmentos da obra que se emitirán ao longo do mes de abril, a partir do día 6,  na Radio Municipal de Redondela, de luns a venres, no programa matinal "A Estación" a partir das 11 da mañá e, dun modo continuado, o 23 de abril, Día Internacional do Libro, a partir das 20:00 h.
Pero as verdadeiras protagonistas desta iniciativa son todas as persoas que puxeron a súa voz para dar vida a estas pasaxes e ás que os membros da asociación e colaboradores queremos agradecer a súa contribución,  sen a cal este proxecto non tivese sido posible


viernes, 16 de mayo de 2014

Estás a buscar un libro para ler ou regalar?

RECOMENDACIÓNS DOS LIBREIROS DE REDONDELA
Atoparás o título axeitado nas recomendacións dos libreiros de Redondela e máis de Eva do Servizo de Normalización Lingüística. Ademáis, ti tamén poder recomendarnos libros no apartado de comentarios desta entrada do blog.
Mandamos un saúdo moi especial á Librería Rivero de Chapela que este ano, por causas maiores, non puido particiar.

E, como sempre, o noso agradecemento a Radio Redondela por a súa colaboración.

Estas recomendacións están a facerse por iniciativa das Bibliotecas municipais e coa colaboración de Radio Redondela e dos libreiros do Concello.
FELIZ PRE-DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TODOS!!!






lunes, 12 de mayo de 2014

Os libreiros de Redondela recomendan nas Letras Galegas

Que vou regalar ou que "me vou regalar" o 17 de maio?

Achégase o Día das Letras Galegas, unha data, que como o Día do Libro invita a adquirir unha obra que nos guste dos nosos escritores (recordade ademais que ese día hai desconto).

Se temos dúbidas acerca de en que libro investir ou, se non somos lectores afeccionados a ler en galego e non sabemos por que libro decantarnos, achegarvos, o 15 de maio, ao dial de Radio Redondela (94.9) onde os libreiros da nosa localidade nos suxerirán libros para público infantil e adulto cos que non erraremos a compra.

Será un espazo especial dentro das emisións de Radio Redondela realizado en colaboración coa Biblioteca Municipal.



A Libraría A Carambola (Reboreda), Libraría La Imprenta de Amador (Redondela), Libraría Moliere (Redondela), Libraría Doble Pauta (Redondela) e Mandamamá (Redondela), compartirán cos oíntes os libros que consideran máis acertados para regalar (e regalarse) nesta data. Por certo, un saúdo afectuoso á Libraría Rivero de Chapela que, por causas maiores, non pode participar nesta edición.

Nesta ocasión teremos unha convidada moi próxima a todos nós, Eva M. García Rei, do Servizo de Normalización Lingüística Redondela, que tamén nos achegará as súas propostas. 

Non podía faltar tampouco, Mª Elena Becerra, a nosa directora, que ten no máis absoluto dos segredos o libro que vai suxerir.



Unha vez emitido, poderá accederse aos audios do programa a través da web da Radio e do blog das Bibliotecas de Redondela:




(ilustración de Violetno)

jueves, 20 de febrero de 2014

Círculo de lectores: o inicio


O título deste post quedou como moi de película,  "o inicio, a orixe". Pois si, é que hoxe comezou a mellor das sagas, neste caso non cinematográfica senón radiofónica: Círculo de Lectores.
 Un canto dentro do espazo matinal a Estación de Radio Redondela, onde os compoñentes dos Clubs de Lectura das bibliotecas municipais de Redondela, achegarán as propostas literarias que cada mes se comparten nas súas reunións.
                   Hoxe, Marta e Fanny achégannos a obra de Ian McEwan, Expiación

viernes, 20 de diciembre de 2013

Os libreiros de Redondela recomendan: audios

Xa están á vosa disposición os audios coas recomendacións para este Nadal dos libreiros de Redondela. Así mesmo, deixámosvos o enlace na web de Radio Redondela ao programa completo, tal cual emitiuse no día de onte.






Programa completo en Radio Redondela

miércoles, 18 de diciembre de 2013

Os libreiros de Redondela recomendan...


O xoves, 19 de decembro, Radio Redondela en colaboración coa Biblioteca Municipal, emitirá dentro do espazo matinal  A Estación un programa especial dedicado ás recomendacións dos libreiros de Redondela, que compartirán cos oíntes os libros que máis lles gustaron e que consideran máis acertados para regalar nestas festas.

Unha vez emitido, poderá accederse aos audios do programa a través da web da Radio e do blog das Bibliotecas de Redondela



Esta iniciativa da Biblioteca Municipal e a Radio xunto cos libreiros de Redondela, está encamiñada a recordarnos a todos a "excelente adquisición" que é comprar un libro e moito máis "regalar un libro"



Participan: Libraría A Carambola (Reboreda), Libraría Rivero (Chapela), Libraría La Imprenta de Amador (Redondela), Libraría Moliere (Redondela), Libraría Doble Pauta (Redondela) e Mandamamá (Redondela)

jueves, 31 de octubre de 2013

Escoita as voces coas que os bibliotecarios de Redondela festexaron o Día da Biblioteca




Estas son as lecturas coas que os bibliotecarios das Bibliotecas Municipais de Redondela e mais os bibliotecarios e colaboradores das bibliotecas dos centros de educación secundaria da nosa vila vimos de facer a homenaxe ao Día Mundial das Bibliotecas: 24 de Outubro nas ondas radiofónicas sempre amigas de Radio Redondela
As lecturas corresponden a breves fragmentos literarios, así como poemas, de textos algúns deles moi coñecidos, nos que se fai referencia ás bibliotecas.











martes, 22 de octubre de 2013

Sintoniza o Día da Biblioteca en Radio Redondela


O xoves 24, todos a sintonizar Radio Redondela!!!,  para unirnos á homenaxe ás bibliotecas que, dende todos os países,  se leva a cabo no Día Internacional das mesmas.
    En Redondela,  sumámonos a esta celebración cunha emisión radiofónica de breves fragmentos literarios, con referencia ás bibliotecas, lidos polo persoal da biblioteca municipal e polos bibliotecarios e colaboradores das bibliotecas dos centros de secundaria e do colexio Vigo.  A Radio Municipal de Redondela emitiraos ao longo do día 24, intercalados na súa programación


                                      24 de outubro, Día da Biblioteca

lunes, 13 de mayo de 2013

Imos á cama con Radio Redondela!

En distintas épocas de distintas infancias,  todos os nenos iámosnos á cama co alegre empuxe dunhas cancións que nos facían máis levadeiro ese penoso momento.
(podedes picar nas imaxes para ver os videos)
Hoxe únense a acontecementos como a Familia Telerín e o seu "Vamos a la cama que hay que descansar..." ou os Lunnis coa súa "Buenas noches, hasta mañana,  los lunnis y los niños nos vamos a la cama...", os alumnos dos colexios de Redondela a través das ondas de Radio Redondela.


A partir de hoxe, luns, ás 21:00h.  os  nenos do CEIP Alexandre Bóveda, de Cedeira e do Colexio Vigo  xunto con  Radio Redondela intentarán que os  máis pequenos da casa se vaian contentos e sen rechistar a durmir. Todos os días desta semana e parte da próxima poderedes escoitar,  xunto cos vosos pequenos, no 94.9, un fermoso conto antes de ir durmir. 

E isto é só o inicio

sábado, 11 de mayo de 2013

Que será, será...? (2)

                                          CEIP de Cedeira nas ondas
             Aproxímase a resolución do misterio

lunes, 29 de abril de 2013

Que será, será...?

...o tempo diránolo (como dicía a canción)

Paula, Lara, Gabriel e Dani, do CEIP Alexandre Bóveda, son a avanzadilla dunha sabrosa proposta,  que tivo a sua  xestación  nos encontros que temos os bibliotecarios escolares e municipais de Redondela. e que verá a luz na Semana das Letras Galegas cun definitivo desenvolvemento o próximo ano.


Que será? Maio diránolo
Moitas grazas Radio Redondela!

martes, 19 de febrero de 2013

Lectura de textos "rosalianos" en Radio Redondela


Radio Redondela e o Servizo de Normalización Lingüística promoven a homenaxe a Rosalía de Castro, para conmemorar o aniversario do seu nacemento, o 24 de febreiro, e os 150 anos da publicación de Cantares Gallegos. Para iso organizan a lectura pública de textos da autora durante esta semana (do 18 ao 22 de febreiro), de 12.30 a 13.30 na Radio Municipal.
As gravacións serán emitidas o venres 22 e o luns 25 de febreiro.

Esta iniciativa segue o ronsel marcado pola AELG e a Asociación de Gaiteiros Galegos  para conmemorar esta efeméride por todo o país.

miércoles, 5 de diciembre de 2012

O Club xuvenil de lectura de Chapela visita Radio Redondela





Club xuvenil de lectura de Chapela en Radio Redondela, preme no enlace para ver o álbum en Flickr.

IMG_0144Os rapaces do Club de lectura de Chapela levan unhas xornadas traballando cos Irmáns Grimm. E é que eles tamén se sumaron a participar no homenaxe a estes dous grandes contistas que, no 200 aniversario da súa publicación "Contos da infancia e do fogar", as Bibliotecas lles están a facer durante todo este mes.

Na sesión da pasada semana, en Chapela, os membros do club coñeceron a estes dous grandes recopiladores da cultura oral do seu tempo, profundizando no seu contexto histórico e nas características da fantasía tradicional alemana, que chegou, con eles, a extenderse por todo o mundo. Na sesión relembramos cales eran as súas historias máis coñecidas, e tamén cales foran as que, o 20 de Decembro de 1912, saíron ao prelo dentro da colección "Contos da infancia e do fogar".

E este martes os rapaces do club, xunto con Leo,  a Radio Redondela, onde, xuntos, leron algunhas das máis famosas historias destes escritores.

Queredes saber que historias leron?... Mellor non volo contamos, así as escoitaredes vós mesmos no programa matinal de A Estación

As gravacións destes rapaces teñen previsto emitirse o xoves 13 e mais o xoves 14 de Decembro, ás 12:00 h., pero tamén poderemos escoitalas vía podcast, enlazando no blog de Radio Redondela. Para os máis despistados, non vos preocupedes, porque nós tamén as subiremos ao noso blog.

----------

Esta actividade dos rapaces forma parte da homenaxe que as Bibliotecas de Redondela lles están a facer aos Irmáns Grimm. Xunto a eles, o persoal das bibliotecas, e máis Eva, de Normalización Lingüística e máis Ramón, de Medio Ambiente, aos que lles estamos moi agradecidos, tamén fixeron a súa gravación dunha historia dos Irmáns Grimm, e que será emitida o xoves 20 de Decembro.
Ademáis, dentro desta homenaxe, a Biblioteca Municipal de Redondela está a preparar dous contacontos e mais un concurso de debuxo, para rapaces de diferentes idades (ver máis sobre esto AQUÍ)


jueves, 15 de noviembre de 2012

Unha incorporación "de luxo"

Esta mañá,  os que seguides o programa de recomendacións (ou non) literarias en A Estación de Radio Redondela,  tivestes a sorte de escoitar a primeira intervención do que a partir de agora vai ser colaborador habitual da sección. Estamos a falar de Octavio Beares, crítico e comentarista de banda deseñada e música no Faro de Vigo e creador da indispensable Serie de Viñetas.

                      Moitas grazas, Octavio e BENVIDO!!!

"Comencé a vocear en blogs ajenos, con el apodo de ‘señor punch’ en referencia al cómic de Neil Gaiman y Dave McKean del mismo nombre, y poco después monté mi bitácora personal, “Estodigo”, que aún mantengo, ya sin apodos, con el título de “El Octavio pasajero”. Como lo de la “blogoesfera” me gustó, también hice otro blog, centrado en una serie concreta, de Neil Gaiman al guión y varios autores a los lápices: “Sobre Sandman”. Y un poco de casualidad y quizá otro poco de méritos, mi actividad como difusor de la historieta se fue multiplicando: revistas on line (“Tebeos en Palabras”), webs como “Culturamas”, diarios (Xornal de Galicia, y sobre todo Faro de Vigo), revistas (Guía Cicierone, Rockdelux)…
No me considero tanto un experto en cómics como un lector con muchos años de práctica, y eso es lo que ofrezco en este nuevo blog, mi mirada personal sobre un arte menospreciado (¿todavía?) por el que siento una especial pasión."
                                   Aquí podedes escoitar o programa de hoxe