Mostrando entradas con la etiqueta Fundación Filomena Rivero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fundación Filomena Rivero. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de marzo de 2021

Debullando contos, o desenlace


 O pasado 26 de febreiro os maiores que acuden aos Centros de Día de Redondela tiveron a oportunidade de gozar cunha sesión de contacontos moi especial creada,  pensando específicamente neles, da man da  Fundación Filomena Rivero Alonso e a narradora Raquel Queizás.

   As Bibliotecas Municipais de Redondela tivemos a alegría de poder colaborar nesta iniciativa de contacontos en liña que reuniu a cento dez do nosos maiores ao redor dunha serie de divertidos contos da tradición oral que Raquel debullou lembrando á súa avoa.

 

Captura dun momento do contacontos

 Moitísimas grazas aos centros de día Os Cortizos, Galeón, Arela e á residencia de Cesantes e de modo especial ao seu persoal pola súa calorosa e agarimosa acollida.

Captura  do inicio do contacontos

   E un agradecemento moi, moi grande, a Raquel Queizás por todo o seu traballo, cheo de tenrura e mimo, pensando sempre nos seus espectadores  e coa súa avoa, Brígida, sempre presente. Se nolo permites, Raquel, moitas grazas a ela tamén da nosa parte.

 

lunes, 15 de febrero de 2021

Contos en liña para os centro de día de Redondela


👉O 26 de febreiro ás Bibliotecas Municipais de Redondela temos a honra de colaborar nunha actividade organizada pola Fundación Filomena Rivero Alonso e destinada aos nosos maiores.
 
👉“ Debullando contos”, que é o título que recibe a actividade, consiste nunha vídeo sesión gravada especificamente para os usuarios/as dos centros de día do noso municipio pola contacontos Raquel Queizás , un dos nomes con máis soleira dentro do campo da narración oral.

👉En “Debullando contos” Raquel Queizás recompila historias de tradición oral que lle contaba a súa avoa, unha muller chea de forza e humor.
 

 

No Atlántico Diario

 

En Radio Redondela
 

martes, 13 de octubre de 2020

Doazón da Fundación Filomena Rivero Alonso ás Bibliotecas de Redondela

Recibir, ao longo do ano, a doazón de libros por parte da Fundación Filomena Rivero Alonso supón enriquecer con obras da maior calidade os fondos das nosas bibliotecas e por tanto as lecturas dos nosos usuario.



 
Non o podemos agradecer o suficiente

martes, 1 de septiembre de 2020

Contos por teléfono, unha ledicia

O pasado 26 de agosto, puxéronse en marcha as actividades nas nosas bibliotecas. 
Tendo presente o medo aínda existente, unido a unha das conmemoracións literarias do ano, o centenario do nacemento do pedagogo e escritor italiano Gianni Rodari, deu como resultado a iniciativa, financiada pola Fundación Filomena Rivero Alonso, fundación redondelana que leva xa moitos anos colaborando coas nosas bibliotecas, que levou o nome de Contos por teléfono , en alusión a unha das obras máis coñecidas deste autor. 

 
Ese 26 de agosto os que o desexasen, previa inscrición na biblioteca de Redondela, podían escoitar unha historia por teléfono, dunha duración aproximada de 5 min., na voz da contacontos viguesa Ana Facchini. Estivo dirixida a público de todas as idades, tanto infantil como adulto, e foi unha bonita forma de ir dando entrada ás actividades dun modo absolutamente seguro.


  • Horario establecido de chamadas: de 10 a 14h e de 17 a 21h

  • Horario efectivo de chamadas: de 10 a 14h e de 16,45 a 21,45h

  • Número de chamadas inscritas: 34 chamadas

  • Número de chamadas recibidas: 28 chamadas

  • Número de contos inscritos: 34 contos

  • Número de contos narrados: 41 contos

  • Número de persoas alcanzadas: 69 persoas (talvez incluso máis)

  • Idade dos destinatarios: a actividade estaba pensada “desde os 5 aos 190 anos”; concretamente os participantes foron nenas e nenos entre 2 e 12 anos e adultos dende 27 a 80 anos

  • Duración aproximada das chamadas e contos: unha media de 10 minutos por chamada.

  • Historias e contos narrados: 16 historias diferentes


Tipoloxia da narración


Empregáronse un total de 16 historias diferentes, algunhas narradas máis veces ca outras segundo as sensacións percibidas na interacción inicial cos nenos e as familias.

No caso dos máis pequerrechos, optouse polo xogo, historias simples, pequenos retrousos cantados que invitasen á participación, fórmulas repetitivas, ritmo e vocabulario arredor das temáticas relativas ao seu mundo máis próximo.

Para os cativos entre 8 e 12 anos, sen deixar de procurar a interacción e cunha presenza algo máis tímida das cancións, que caracterizan ás narracións de Ana Facchini, as historias, algo máis complexas no fío argumental, xiraron principalmente arredor do humor e tiveron como temática, presente dun xeito máis ou menos marcado, o coidado do medio ambiente, a relación coa natureza e os seres vivos e lendas sobre as orixes das cousas.

No caso dos adultos, narráronse historias cun ton poético e lírico máis que narrativo, facendo referencia ás relacións humanas e ao significado da propia vida. Noutros casos, as narracións, pensadas inicialmente para un público infantil, cobraron unha dimensión nova aos oídos dos adultos e por suposto, non podían faltar a tradición e o humor, tan necesario nestes tempos.


Acollida

Moitísimas grazas a tod@s os que participastes nestes "Contos por teléfono"!

A acollida foi máis que positiva. Foi unha proposta que xerou moita curiosidade e nese sentido, queremos destacar o feito de que familias enteiras se reunisen arredor do teléfono para compartir as historias, tal como na tradición máis antiga, as comunidades escoitaban historias arredor dunha lareira.


En Radio Redondela

No Faro de Vigo

No Facebook do Concello


martes, 25 de agosto de 2020

Fundación Filomena Rivero Alonso, doazón

👉Mirade o que se vai a incorporar nos próximos días ao fondo infantil e xuvenil das bibliotecas🤩🤩🤩 
 
    
 
 🔸Grazas á doazón da Fundación Filomena Rivero Alonso, completáronse as colección de Billie B. Brown e de Erik Vogler; a primeira está a ter moitísimo éxito entre @s nos@s usuari@s infantís e a segunda é unha saga chea de personalidade e misterio cun protagonista inesquecible. 
 

🔸Así mesmo, esta doazón permitiunos renovar toda a colección de Harry Potter que estaba moi deslustrada polo uso e incorporar a última entrega do magnífico manga "El atelier de sombreros de mago"
 
  MOITÍSIMAS GRAZAS A FUNDACIÓN FILOMENA RIVERO ALONSO!!!👏👏👏
 

lunes, 17 de agosto de 2020

Queres que che contemos un conto por teléfono?

O mércores 26 de agosto, a partir das 10 da mañá ata as 14 horas e, en horario de tarde, de 17:00 a 21:00 h., contarémosche historias por teléfono na voz da contacontos viguesa Ana Facchini.

 

  É tan sinxelo como achegarse ou chamar á biblioteca de Redondela (tfno. 986 40 15 61) para incribirse e escoller a hora á que se quere escoitar o conto.

 Que non vos dea vergoña, Ana Facchini está agardando para levarvos por un ratiño (cada conto dura non máis de 5 minutos) a un mundo divertido, a nosa infancia ou quen sabe onde, porque cada un dos contos é unha viaxe diferente. Hainos para todos, grandes e pequenos, porque esta actividade non ten idade e para todo tipo de público desde os 5 aos 190 anos

  Esta iniciativa  xorde da man da Fundación Filomena Rivero Alonso coa colaboración das Bibliotecas Municipais de Redondela

 

No Faro de Vigo 

En Radio Redondela 

No Faro de Vigo o propio día da actividade


domingo, 17 de mayo de 2020

A primeira doazón tras o confinamento...

Fáisenos a boca auga🤤 pensando en cando poidamos gozar 😍desta marabillosa doazón da Fundación Filomena Rivero Alonso

Estas obras enriquecerán o fondo de novidades📚 das Bibliotecas Municipais de Redondela na súa próxima reapertura. 

Moitísimas grazas💗 á Fundación! e gocemos de todos estes libros☺️: 

Nova no Faro de Vigo sobre as doazóns da Fundación Filomena Rivero Alonso ás Bibliotecas de Redondela
A Nova en Radio Redondela

viernes, 3 de enero de 2020

"Nadal Total" na Biblioteca de Redondela


Pica aquí para acceder ás fotografías
A Fundación Filomena Rivero Alonso desenvolveu, do 23 ao 30 de decembro, unha programación de Nadal de caracter inclusivo baixo o título de "Nadal Total". Dentro da mesma desenvolvéronse na Sala Infantil da Biblioteca Municipal de Redondela, dous contacontos (26 e 27):
Un conto con moito conto con Az lengua de signos

Os esquios Diantres e Diaños xogan nunha fraga do Courel, cando de súpeto, un libro envolto cun lazo aparece baixo a árbore centenaria. Para quen será este conto tan fermoso? No intento de descubrir para quen será o ogasallo, faránse con moreas e moreas de máis contos e contiños. 

“Un conto con moito conto” é unha historia de intriga que fomenta a importancia da lectura. Personaxes apaixonados polos contos, que amosa a importancia de compartir os libros. Unha historia onde os contos non rematan e os valores están presentes
  
"Un conto con moito conto"
Perdido? con Az lengua de signos

Esta é a historia dun neno chamado Neno e dun pingüín chamado Pingüín. Dun humano e dun animal que deciden remar na mesma dirección. Unha historia de amizade sen condicións nin límites, dunha viaxe de ida e volta surcando os mares do planeta, que cambiará as súas vidas para sempre. De onde virán os pingüíns?

Perdido? é a historia dunha viaxe mariña ate o Polo Sur e o mesmo tempo, dunha viaxe interna polas emocións das personaxes a medida que vai transcorrendo o tempo. Nesta historia que plantexa aspectos coma a comunicación e a incomunicación; as certezas e as dúbidas; as preguntas e as respostas; a comprensión e a incomprensión acaban por confluír todas no valor da amizade entre seres diferentes e a importancia da cooperación.
 
O contacontos musical "Perdido?"
e unha actividade de "Maxia no Nadal"(o día 30)
Un espectáculo de maxia, a cargo da maga Leo Leiño, impregnado do espírito destas datas.
"Maxia no Nadal"

jueves, 2 de enero de 2020

Xa veñen os Reis...

Os Reis Magos chegaron ás Bibliotecas de Redondela esta pasada noite de Ano Novo!

Como saben que as Bibliotecas non traballan o 5 e 6 de xaneiro decidiron facernos chegar os agasallos un pouquiño antes da man dun paxe real moi especial que teñen aquí en Redondela: a Fundación Filomena Rivero Alonso.
Estamos encantados, son unha chea de estupendos libros e historias, adaptadas tamén ao público con diversidade funcional, que van facer as delicias de tod@s. 

Moitas grazas ás Súas Maxestades de Oriente e á Fundación Filomena Rivero Alonso!

sábado, 21 de diciembre de 2019

CONTACONTOS E MAXIA PARA NEN@S na Biblioteca de Redondela para rematar o ano


 A Fundación Filomena Rivero Alonso organiza tres contacontos dentro da súa programación de "NADAL TOTAL" que se desenvolverán na Sala Infantil da Biblioteca Municipal de Redondela.



Lugar, Sala Infantil da Biblioteca Municipal de Redondela
Días, 26, 27 e 30 de decembro
Hora, 17:00 h.
Entrada libre e de balde


 
🎄Moitas grazas a Fundación Filomena Rivero Alonso por escoller as nosas instalacións para desenvolver estas actividades


miércoles, 30 de octubre de 2019

Pantasmas en Redondela

Onte, na sala Infantil da Biblioteca de Redondela, gozando da dramatización de "A Pantasma de Canterville", da man de Olga Cuervo.
Organizou, Fundación Filomena Rivero Alonso
Colaborou, Bibliotecas Municipais de Redondela
Aquí, tódalas fotografías do evento

viernes, 25 de octubre de 2019

A Pantasma de Canterville para nen@s

Hai que ir preparándose para o Día de Defuntos.. .

 Na Biblioteca de Redondela celebrarémolo cun contacontos para nen@s, organizado pola Fundación Filomena Rivero Alonso, conducido por Olga Cuervo e baseado, nada máis e nada menos, que na Pantasma de Canterville de Oscar Wilde 😱😱😱😱😱😱👻👻👻👻👻👻👻

lunes, 1 de abril de 2019

Jane Goodall, contacontos infantil

O próximo 11 de abril, xoves, contacontos infantil para festexar o Día Internacional do Libro Infantil, o Día Mundial do Libro e descubrir a figura e o traballo dunha muller excepcional, Jane Goodall
Ás 18:30 h., na Sala Infantil da Biblioteca de Redondela
Entrada libre e de balde


Pica aquí para ver ás imaxes do contacontos

miércoles, 2 de enero de 2019

Momentos de Nadal con Irene a destemida...

...e con outros personaxes nados das historias de William Steig, un dos grandes nomes da literatura infantil.
Organizado pola Fundación Filomena Rivero Alonso coa colaboración das bibliotecas municipais de Redondela

jueves, 13 de diciembre de 2018

Contacontos de Nadal na Biblioteca de Redondela



Con Olga Cuervo
Baseado nas historias de William Steig
Para nenos desde os catro anos
Organiza, Fundación Filomena Rivero Alonso coa colaboración das Bibliotecas Públicas Municipais de Redondela

martes, 30 de octubre de 2018

"Unha ponte de libros infantís. Jella Lepman" Exposición no Multiúsos da Xunqueira

 
A entrada do Multiúsos da Xunqueira de Redondela acolle, desde o pasado venres 26, unha exposición dedicada á escritora e xornalista Jella Lepman (1891-1970) que creou en 1949 a Biblioteca Internacional da Mocidade en Munich, un dos proxectos cos que contribuíu ao entendemento internacional a través da literatura infantil .
  A exposición articúlase contorna a unha selección bibliográfica de autores infantís e xuvenís que recibiron desde 1956 ata a actualidade o Premio Hans Christian Andersen, considerado o máis alto galardón outorgado na literatura infantil e xuvenil  e coñecido como o Pequeno Premio Nobel.

Aquí todas as fotografías:
"Unha ponte de libros infantís. Jella Lepman" Exposición

   A xoia da mostra son os Cuentos de las Buenas Noches”, JellaLepman (1951), nunha 1ª edición da editorial Juventud do ano 1967, unha rareza de moi difícil localización . Este libro contén unha selección de historias para durmir elaborada a partir da colaboración de cidadáns anónimos que enviaron miles de historias das que se fixo unha selección publicada orixinalmente en tres volumes.
 
  Na inauguración da exposición estivo presente Teresa Zataraín, editora para España da autobiografía de JellaLepman "Un puente de libros infantiles", Javier Bas, alcalde de Redondela, Mª Teresa París, concelleira de Cultura, Telmo Crespo, secretario da Fundación Filomena Rivero Alonso, organizadora da exposición, e Mª Elena Becerra, bibliotecaria das Bibliotecas Municipais de Redondela colaboradoras da mesma.
 
Mª Teresa París, concelleira de Cultura, Teresa Zataraín e Telmo Crespo, da Fundación Filomena Rivero Alonso
“Unha ponte de libros infantís. JellaLepman”, nome que designa á exposición,  permanecerá aberta ao público ata finais de ano.

En Radio Redondela
En redondela.gal 
No Faro de  Vigo 
No Atlántico Diario