viernes, 26 de noviembre de 2010

Bernardo Seoane, autor das "Máquinas absurdas", explicará a súa obra aos centros de primaria de Chapela


Na vindeira semana os alumnos de 6º curso dos centros de primaria de Chapela virán visitar a exposición Máquinas Absurdas de Bernardo Seoane, onde os recibirá o autor das obras.

O artista desmontará e volverá a montar algunha das pezas para explicar aos alumnos o proceso de traballo, e falaralles tamén do sentido das súas obras dentro dunha valoración da reciclaxe e a reutilización, pero tamén dunha exaltación da arte do Surrealismo.

Por tal motivo, queremos proporcionar a estes rapaces e aos seus profesores, e tamén a todos os que queirades achegarvos a visitar a exposición, información sobre o artista e as súas obras.

- No mes de Xullo o diario A Nosa Terra fixo unha entrevista ao escultor.

- Tamén o diario La Voz de Galicia realizou unha reportaxe sobre estas obras.

Velaiquí un vídeo, da canle Galicia TV.

Lembrámosvos que a exposición se pode visitar ata o día 15 de Decembro.

No hay comentarios: