miércoles, 24 de noviembre de 2010

Por fin! Ana María Matute, Premio Cervantes 2010

Tras seis votacións, a escritora Ana María Matute logrou o premio Cervantes 2010. Trátase da terceira muller distinguida con este galardón nos 35 anos de vida do premio. As outras dúas mulleres foron a española María Zambrano en 1988 e a cubana Dulce María Loynaz en 1992.
O galardón está dotado con 125.000 euros e foi creado en 1975 polo Ministerio de Cultura para recoñecer a figura dun escritor que, co conxunto da súa obra, contribúa a enriquecer o legado literario hispánico.
Ana María Matute Ausejo (Barcelona, 1925) foi unha das eternas candidatas para este prestixioso galardón. Premio Nacional das Letras e académica da Lingua, está dama das letras é considerada como unha das prosistas con maior capacidade de fabulación.

Alegrámonos cunha muller que, con sinxeleza, sempre dixo que se lle daban o premio "poríase a saltar de alegría".

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Por fin! Alédome por ela :-)

Anónimo dijo...

Mercidísimo

Anónimo dijo...

Enhoraboa!!

Anónimo dijo...

Desde luego, ya no podían esperar más. Una mujer sencilla y agradabilísima.