martes, 14 de diciembre de 2010

Informe anual dos contidos dixitais en España 2010


O libro electrónico, protagonista en 2009 cun crecemento do 52 % respecto ao ano anterior, alcanza as 13250 unidades editadas en España. Así mesmo, tivo unha penetración entre a poboación española do 3,9%, e prevese que siga crecendo coa chegada de novos dispositivos de lectura. Por outra banda, e atendendo á caracterización dos usuarios, a franxa de xénero e idade que maior cantidade de contidos dixitais consomen son os homes entre os 16 e os 24 anos.
Estes son algúns dos datos do Informe anual dos contidos dixitais en España 2010 elaborado polo Observatorio Nacional das Telecomunicacións e da Sociedade da Información (ONTSI). Este documento, que recompila a principal información relativa á Industria dos Contidos Dixitais do noso país, inclúe datos relevantes relativos ao uso e consumo dos contidos por parte dos usuarios, así como tendencias principais de cada un dos sectores estudados

Podédelo consultar ao completo aquí

(Enviado pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez)


No hay comentarios: