O Club de Lectura de adultos de Redondela despediuse do ano coa reunión correspondente ao "Castillo en el aire", de Diana Wynne Jones.
Logo dun breve percorrido sobre a vida da autora, na que se subliñou a influencia na súa obra da súa infancia galesa, comparáronse as diversas influencias que recibiu na súa traxectoria (Tolkien, Lewis) e algúns dos principais factores que a levaron a optar polo xénero fantástico. Así mesmo, tratouse da adaptación cinematográfica da súa obra máis popular, "El castillo ambulante," e como foi comparada reiteradamente coa creadora de Harry Potter, J. K. Rowling.
A pequena sorpresa da noite achegouna a tradutora do libro, Ana Ramos, quen escribiu unha cariñosa carta para todos os membros do club (Escritora e editora, Ana Ramos é licenciada en filoloxía hispánica pola Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Córdoba, onde exerceu como xestora cultural. Estudou gráfica publicitaria na Escola de Arte da súa cidade. En 2001, recibiu unha bolsa para traballar como profesora asistente de español en Mount Holyoke College (MA, EEUU). É maquetadora, deseñadora e asistente editorial da editorial Plurabelle. Desde o ano 2005 é editora da editorial Berenice. escribiu o libro infantil Cuento del Rey Bajito, gañador do accésit da IV Edición de Premios de Conto Ilustrado da Deputación de Badajoz, e é autora da antoloxía de poesía O libro do Xardín (2003). Realizou xunto a Javier Fernández, a tradución do álbum ilustrado La joven del agua, de M. Night Shyamalan (2006)).
Unha vez centrada a conversación en "El Castillo en el aire," desvelouse a orixe do título, así como algunhas alusións, homenaxes e citas que aparecen como intertexto ("As mil e unha noites", e especialmente "Aladino," "As doce princesas bailarinas", dos irmáns Grimm, o shakesperiano "Soño dunha noite de verán" e Austen e a súa "Abadía de Northanger"), para terminar atopando a plasmación gráfica do final do relato: ¡o bosque de jacintos!

O debate penetrouse nese punto na percepción que se proxecta no texto das relacións entre pais e fillos, o poder sedutor do mal e a imaxe da muller ao longo do relato; ademais de analizarse diversos valores aplicables á mocidade -fantástica e real.
Con todo, na crítica do libro "El Castillo en el aire" saíu pouco airoso... Aínda que en xeral apreciouse os trazos de humor, o ton fantástico e tal vez en exceso xuvenil non convenceu á maioría, aínda que houbo quen avogou por unha lectura cos ollos da ilusión.
En todo caso, desde esta entrada queremos agradecer a todos os integrantes do club a paixón demostrada ao longo de todo este ano.
A por máis e mellores lecturas para o ano 2011!
No hay comentarios:
Publicar un comentario