lunes, 13 de diciembre de 2010

Premios Lazarillo 2010

O

pasado sábado, no marco del XXXIV Salón do Libro Infantil e Xuvenil, tivo lugar en Madrid a entrega dos Premios Lazarillo 2010, que convoca anualmente a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI), co patrocinio do Ministerio de Cultura.

O Premio Lazarillo de Creación Literaria foi para Pilar Lozano e Alejandro Rodríguez, pola obra Marco Polo no fue solo, un relato que narra ls aventuras dun neno e unha nena que de xeito casual se embarcan na galera na que partiu Marco Polo dende o porto de Venecia cara as lonxanas terras de Oriente.

O Premio Lazarillo de Álbum Ilustrado concedeuse ex aequo a Enrique Flores por Parchís, y a Lluïsot por El sueño del viejo marinero.

Parchís conta a historia de catro amigas que se buscan sen atoparse nunha cidade ideal e irreal, sen móbiles nin ruido de coches, onde un debe saír á rúa para interactuar. Pola súa parte, El sueño del viejo marinero, narra a historia dun vello mariñeiro retirado nun faro, que despois de percorrer os 7 mares, ten o soño de viaxar a través do 8º mar.

No hay comentarios: