![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgiEwGr9ZvZnkBqurCTLXv9G4Nvpkc0O1RBeFOMv4Iy6AdbiFuoQptox4E0T2RDDs08rltO6HqZ8P3GNVYRCw_OhGTAS2Zfrkx7mZV4RLIA7HTiD4rMd9gcCIDqVNczzPFez6yFxC2O9tbH/s200/Estrella_Diego.jpg)
Hoxe, entrégase en Madrid o XI Premio Xornalístico sobre Lectura da Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Este galardón, que na presente edición recaeu en Estrella de Diego, ensaísta e catedrática de Arte Contemporánea da Universidade Complutense de Madrid, foi creado pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez, co obxectivo de estimular traballos de reflexión e creación sobre a importancia da lectura e o desenvolvemento do hábito lector.
Invitámosvos a ler o artigo premiado, Veranos de lectura, publicado no suplemento cultural Babelia do xornal El País, o día 14 de agosto de 2010. O galardón, en palabras do xurado, foille outorgado porque "considera a lectura como unha paixón ou un virus incurable que nos secuestra igual que se nela involucrásemos a propia vida".

Vía Fundación Germán Sánchez Ruipérez
No hay comentarios:
Publicar un comentario