![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhQTQXYClW9HJaS4siH9Pobn1UkHMxBTZqohswBpKtWxJq5a4navhSAdQk_gUHLZQbalcs9qeQWajFsdezhgKeQ5QxFW9ipOscDrzPHMlhIqDvmY-Zxi9s6qxRN-GvisEyjgoRXTr5TWUah/s400/100CASIO.jpg)
Foi Prémio Carvalho Calero de Investigación 2009 cun traballo dedicado a Alfredo Guisado, poeta e xornalista portugués de ascendencia galega, titulado "Trajectória de Alfredo Guisado e a sua relação com a Galiza (1910-1921)” e deleitounos a todos na presentación que fixo deste traballo na Casa da Cultura.
Tras unha introducción interesante e divertida por parte de Roberto Samartim que no ano 2002 gañou o Prémio Carvalho Calero de Investigación co traballo titulado A Dona do Tempo Antigo. Mulher e campo literário no Renascimento Português (1495-1557), Carlos Pazos sorprendeunos coa figura deste poeta portugués fillo de galegos, moi descoñecido polas nosas latitudes, que compartíu trazos literarios con Pessoa e outros destacados poetas do modernismo luso como Sá-Carneiro ou António Ferro.
Hai que dicir que todos os presentes disfrutamos moitísimo deste encontro, que foi sustancioso, cordial, ameno e cercano.
Moitas grazas a Carlos e a Roberto por darnos a posibilidade de descubrir a Guisado,... e, grazas Carlos, por eses exemplares da túa obra que dedicaches a Biblioteca Municipal e a Axencia de lectura de Chapela
E grazas, por suposto, a todos os que compartistes este encontro con nós.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiUkpTWQgSXWwwL6doUjjYspBJwB4Km3ADM6FKvmue0karphbtghgbOMBQr3B38ksil_1FkJMGpBs_s5NtVmMQcCdO9N7Lh64ykPjmlDdAJ3nNJG7S_dLj5Xqry46pkLhYOefAocqu_Ww2L/s320/AlfredoGuisado.jpg)
Moitas grazas a Carlos e a Roberto por darnos a posibilidade de descubrir a Guisado,... e, grazas Carlos, por eses exemplares da túa obra que dedicaches a Biblioteca Municipal e a Axencia de lectura de Chapela
E grazas, por suposto, a todos os que compartistes este encontro con nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario