martes, 5 de abril de 2011

Lemos para conmemorar

Picar na imaxe para ampliala
Para celebrar o Día Interncional do Libro Infantil e Xuvenil, a biblioteca e o IES Pedro Floriani prepararon onte unha festa realmente especial con dous invitados moi particulares: Ray Bradbury e Oscar Wilde, revividos polos alumnos deste instituto.

A introdución do acto realizouna a nosa directora, María Elena, que nun vibrante discurso declarou a súa fe no poder e a actualidade da palabra en tempos da imaxe; para, posteriormente, explicar a orixe da efemérides, celebrada en honra ao danés universal Hans Christian Andersen.

Chegou a quenda das presentacións, e con el, algunhas zumentas anécdotas sobre os dous autores e as súas obras.

Os mozos leron brillantemente a declaración deste ano , para posteriormente recitar a poética historia de amor de "El ruiseñor y la rosa", de tal modo que, unindo as súas voces, completaron o conto. Esta experiencia foi dinamizada cunha presentación preparada pola profesora Pilar Dios, que achegou un coidado fondo musical e de imaxes ao recital. Finalmente, recreáronse diversos fragmentos significativos de "Fahrenheit 451," un libro que propón a vixencia do libro e a súa capacidade de transcendencia. Para este evento a sala foi decorada con dous delicados murales alusivos, elaborados polos alumnos.

Aínda que non houbo torta de aniversario para Andersen, si agasallos: sorteáronse entre os asistentes dous lotes de libros, porque... ¡o único xeito de non ser "parruliño feo" é ler!

2 comentarios:

Novas das Bibliotecas dijo...

Moitas grazas compañeiro polo do "vibrante discurso"

Anónimo dijo...

Foi fiel reflexo da realidade. :)
(Fdo. O compañeiro)