A petición deste colectivo, nas nosas bibliotecas fixemos unha clasificación de obras que non precisamos, pero que, en cambio, lles poden ser de grande utilidade a estes compañeiros.
Agardamos que este colectivo cidadán, que está a facer un grande esforzo por abrir unha biblioteca pública no seu concello, poda acadar pronto o seu loable obxectivo. Os seus veciños e as bibliotecas de outros concellos agradecemos moito o seu traballo.
Aquí estamos para apoiarvos no que precisedes... Sorte, compañeiros!!
Podedes ver a nova nas webs de información Infomiño e Terramiño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario