martes, 22 de noviembre de 2011

Marcos Giralt Torrente, Premio Nacional de Narrativa 2011

A obra 'Tiempo de vida' deulle ao escritor Marcos Giralt Torrente o Premio Nacional de Narrativa 2011.
  O libro é unha ficción. Un artificio. Partindo desta premisa, Giralt Torrente enfróntase neste relato íntimo a un tema universal: a morte do pai. Reconstrúe a relación co seu pai, o tempo de vida que compartiu con el, con asombroso afán de fidelidade. Sen eludir as zonas de penumbra pero sen recrearse nelas. Desa forma, con axuda dunha prosa hipnótica e concisa, a propia experiencia transfórmase en experiencia de todos. O resultado é un libro conmovedor que abraza e golpea a un tempo. Nin unha homenaxe nin un axuste de contas. Un intento de comprender a relación máis complexa que cabe entre dúas persoas. O retrato dun pai e un fillo. Un inventario de vida no que case nada cala e no que, por iso, aparece a vida tal e como é: coas súas tristezas e encrucilladas pero tamén cos seus xubilosos descubrimentos.

No hay comentarios: