![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgIxgWfdp7hel3M0q4qZXqk92bEOd5U75vBiNiUsgvGSKsb8uzaxPqfBfhyphenhyphenQOGhKV8hCo4h3uvrCTI0M4Cbg9au8I6aSrmD0bK1j3TG-OOpj_gTksdYXtNOvKgairuW22-18JkUO4cJlms/s200/29+-+La+presa.jpg)
Foi unha sorpresa a xuntanza, xa que, a pesar de que moitos dos participantes do club nos dixeran que o libro lles parecera desagradable, duro ou incómodo; porén, a conversa sobre o mesmo resultou moi fructífera, enriquecedora e pracenteira.
A novela que protagonizou a xuntanza está escrita polo
Premio Nobel de Literatura Kenzaburo Oé. Titulada
La presa, narra as viencias dos rapaces dunha aldea xaponesa a partir do apresamento dun avión inimigo durante a 2ª Guerra Mundial.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi9yLNmbWCsMC4XI829jDUXmmybC0uQW5UJPqNy3DqSulM3G0xFQOPGiOPWI7UdZp_ZNS2CF2IKFKztkLV5BGdqStnZ1eXcvzP37Qb3W2rp5sBiiPapA3nPe_dt-h0OXI_k2U9GLyH2FrI/s200/kenzab.jpg) |
Kenzaburo Oé, autor do relato |
Os rapaces viven emocionados a chegada da súa "presa", esto é, o aviador negro apresado do bando inimigo que entra a formar parte do seu pobo. A "presa", a medio camiño, para eles, entre o animal e a deidade totémica, enche as súas vidas, e no seu cativo mundo todo xirará entorno a ela.
A actitude case idólatra dos nenos frente ao seu prisioneiro, e a fascinación que lles provocan todas as súas accións e movementos, nos fai revivir a inocencia da infancia. Cando os sucesos mudan, a visión do protagonista muda tamén, de xeito brusco e abrupto; como brusco e desgarrador pode ser o camiño que nos leva da infancia cara á madurez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario