lunes, 12 de marzo de 2012

Carlos Casares Á Marxe do tempo

Conmemorando o X aniversario do pasamento de Carlos Casares, a fundación que leva o seu nome, ven publicando o blog Á marxe do tempo. Nel que se recollen unha selección dos artigos que o escritor e profesor limego publicou na súa columna "Á marxe", no diario La Voz de Galicia , entre os anos 1992 e 2002, ata o mesmo derradeiro día da súa vida.

A Editorial Galaxia, na súa Biblioteca Carlos Casares, publicou esta obra xornalística en varios tomos. Podedes consultala nas vosas bibliotecas.



No hay comentarios: