Para
celebrar este día, en todos os centros escénicos do Ministerio de
Educación, Cultura e Deporte lerase, o día 27 de marzo, a Mensaxe do Día
Mundial do Teatro, que este ano escribiu John Malkovich.
"O Instituto Internacional do Teatro-ITI da UNESCO honroume coa súa
petición de realizar esta mensaxe na conmemoración do 50 aniversario do
Día Mundial do Teatro. Vou dirixir estas breves consideracións aos meus
compañeiros do teatro, os meus pares e camaradas.
Que o voso traballo sexa convincente e orixinal. Que sexa profundo,
conmovedor, reflexivo e único. Que nos axude a reflectir a cuestión do
que significa ser humano e que dito reflexo sexa guiado polo corazón, a
sinceridade, o candor e a graza. Que superedes a adversidade, a censura,
a pobreza e o nihilismo, algo ao que, certamente, moitos de vós
estaredes obrigados a afrontar. Que sexades bendicidos co talento e o
rigor necesarios para ensinarnos como latexa o corazón humano en toda a
súa complexidade, así como coa humildade e curiosidade necesarias para
facer diso a obra da vosa vida. E que sexa o mellor de vós - xa que será
o mellor de vós, e aínda así, darase só nos momentos máis singulares e
breves - o que consiga enmarcar esa que é a pregunta máis básica de
todas: Como vivimos? Boa Sorte!".(
John Malkovich)
No hay comentarios:
Publicar un comentario