O xoves 19 de abril, dentro do programa da IV Semana do Libro. A festa das palabras,
que as Bibliotecas de Redondela e o Servizo de
Normalización Lingüística do Concello levan a cabo con motivo do Día Internacional do
Libro, terá lugar a presentación,
no Auditorio da Xunqueira, ás 12
da mañá, do libro
A NOITE DO APALPADOR, coa
presenza dos seus autores, Xurxo Valcárcel e Pepe Carreiro.
Trátase dunha edición
limitada e exclusiva para o Concello de Redondela, que parte dunha iniciativa da
Concellería de Cultura a partir dun fermoso texto do noso paisano Xurxo Valcárcel Gil, veciño de Chapela, para dar a coñecer esta importante figura
da nosa cultura mítica e poñer en valor as nosas tradicións e
identidade.
O texto, que xa hai tempo que percorre Galicia con grande éxito en diferentes medios, foi musicado tamén por Xurxo Souto e divulgado na Radio Galega. Campo das Redes apostou por este texto e buscou un ilustrador para lle dar forma a este Apalpador, e ninguén mellor que Pepe Carreiro (Os Bolechas), que lle imprime o seu particular selo: vísteo con roupa da época, zocas propias da zona, e viaxa ao Courel para documentar graficamente cada recanto (Seoane, Folgoso…) coas construcións e a paisaxe destes lugares.

O libro, editado en papel
reciclado, conta cun texto moi rico en vocabulario sobre especies vexetais e
árbores autóctonas, así como topografía da zona do Courel, que axudarán a
achegar aos máis pequenos o valor do noso patrimonio natural e cultural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario