jueves, 26 de abril de 2012

Presentación do libro "Babelia en galego"

Mañá, venres 27 ás 11.30 da mañá,  terá lugar na Casa da Cultura de Redondela a presentación dun novo título da Colección “Cíes” impulsada pola Deputación de Pontevedra: Babelia en galego.
Babelia en galego é un volume colectivo que recolle a obra de 6 poetas da literatura contemporánea universal traducidos á nosa lingua pola poeta e dinamizadora cultural Yolanda Castaño. A coordinadora, autora do limiar e tamén dalgúns dos poemas recollidos na obra contaranos a xenese da mesma e ofrecerá distintas mostras de recitado.
 Yolanda Castaño estréase aquí na tradución poética dentro da  colección que leva adiante o Servicio de Publicacións da Deputación de Pontevedra, cun volume no que tamén se pode gozar da obra de poetas de Eslovenia, India, Malta, Rusia e China.
 
A actividade enmárcase dentro da IV SEMANA DO LIBRO, A FESTA DAS PALABRAS, realizado de xeito colaborativo entre as Bibliotecas Municipais de Redondela e o Servizo de Normalización Lingüística do concello.

No hay comentarios: