 |
| Xogo de presentación |
Foi unha fermosa tarde, a de onte, chea de xogos e diversión, na que os nosos cativos correron, riron, saltaron, bailaron, cantaron, bisbaron ou berraron... e ata escoitaron un conto en inglés.
 |
| ...A correr! |
Con xogos como o Crocodilo rosmón, a Cebra Camila, as catro esquinas de cores, ou a reconstrución do conto dos Tres Porquiños,... mezclados con cancións, risas, pinturas e sorpresas,
Lambonadas de Cores volveron sorprender aos asistentes ás súas actividades con moita acción, diversión e ledicia, amosando que o xogo é un camiño moi importante para a aprendizaxe dende as idades máis temperás, e que os nenos son máis felices e desenvolven mellor as súas capacidades cando gozan do xogo en grupo.
 |
| Somos trens en movemento |
|
|
|
|
|
|
E nos da un pouco de pena, xa que esta foi a última das
sesións de xogos e aprendizaxe infantil que nos adicaron
Lambonadas de Cores este ano. A proposta de actividades realizada polo alumnado do
C. S. de Educación Infantil modular do
IES de Chapela deu moi bos froitos e rendiunos de moitas satisfaccións a todos. É por iso que agardamos poder repetir, e gozar da súa imaxinación, creatividade e orixinalidade para sorprender aos nosos cativos, moi pronto, con novas propostas.
Agardámosvos sempre...!
 |
| Aquí hai moitas observacións que facer... |
 |
| Descubrindo as pistas dun conto |
 |
| Cantamos xuntos |
 |
| ...E ata a próxima! |
 |
| Lambonadas de cores, preparados coa súa ledicia e enerxía |
Velaquí o último
vídeo con fotografías da actividade:
No hay comentarios:
Publicar un comentario