A xuntanza deste mes no club de lectura de Chapela adoptou un ton máis reflexivo e ideolóxico do que é habitual nas nosas xuntanzas. E, dende logo, resultou moi edificante.
Como é habitual na producción literaria da súa autora, Belén Gopegui, a novela plantexa unha intensa reflexión política entorno ao sistema establecido, as vías para combater as súas inxustizas e as alternativas posibles. Como ela mesma declarou nunha entrevista: “Hablar de temas sentimentales, morales o de comportamientos sin
hablar de las condiciones materiales en que se producen termina sonando a
la letra de canción tópica, mil veces repetida. Es imposible escribir
sin hablar de política, a menos que se escriban cuentos de hadas“.
Belén Gopegui |
Filla do afamado Luis Ruiz de Gopegui, membro do CSIC e exdirector dos programas da NASA en España, Belén Gopegui gusta de salferir as súas novelas de notas e contidos relacionados co panorama científico do seu momento: estudos e investigacións, patentes, pero tamén o contexto económico e político no que estas se sosteñen.
El padre de Blancanieves, título da lectura proposta, nos abre o camiño para o máis puro debate ideolóxico, expoñendo e analizando argumentos dende diferentes posturas. Nese senso, esta obra se move a medio camiño entre a novela (hai personaxes, diálogos, un argumento conductor) e o ensaio (a través de cartas, correos electrónicos, comunicados nos que se expoñen as diferentes ideas que a autora quere contrapoñer ou transmitir).
Sobre a xustiza e a inxustiza, o poder e o contrapoder, o mundo globalizado e a necesidade de adoptar posturas de conciencia social... Sen dúbida, un libro moi indicado para no contexto actual no que estamos a vivir. Como no relato dos Irmáns Grimm, o pai de Brancaneves é inocente, pero a súa deixadez, omisión e ausencia de acción o fai tamén responsable do destino da súa filla: "El padre de Blancanieves vive con la madrastra pero nadie lo nombra, nadie habla de él. La madrastra maquina contra Blancanieves, y el padre ¿por qué calla?, ¿por qué no actúa?".
A novela tivo os seus defensores e detractores no club, e eso animou un debate rico, intenso e emocionante nesta xuntanza:
. Gustou pola forza expositiva das ideas que nela se transmiten: intensas, moi argumentadas, nunha lectura que esixe ser lenta, serena e repousada, porque só así podemos acompañala da reflexión e a análise. Gustou atopar nela datos que algúns descoñeciamos sobre os efectos da acción de certas multinacionais no terceiro mundo, ou os intereses políticos e económicos que se moven por detrás de moitas das nosas realidades. Gustou, por último, a utilización dun suxeito colectivo, como personaxe. Sen dúbida un recurso narrativo orixinal e poucas veces empregado.
. Pola contra, non gustou certo exceso no discurso; un pouco repetitivo e, ás veces, grandilocuente, especialmente na exposición dese personaxe colectivo. Tampouco convenceu certa descompensación na explicación dos argumentos, que daba un matiz un tanto maníqueo na posición do pai de Susana (o pai de Brancaneves?).
En todo caso e a pesar destes "peros", que nalgúns casos poden ser bastante visibles, resulta unha lectura recomendable para abrir o debate e para estimular a nosa reflexión e para, como sinala Sergio Sánchez Pando, converterse nun "eficaz antídoto contra la resignación".
A novela, publicada con licencia, Creative Commons, pode descargarse de xeito gratuito e legal na rede. Aquí vos ofrecemos o enlace, para que a podades ler. Animádesvos?
No hay comentarios:
Publicar un comentario