Pero que calooor!!!
Os membros do club de lectura infantil, acompañados por algúns dos pais e nais dos rapaces, achegámonos ao Parque Forestal do Monte Vixiador para facer xogos, merendar xuntos e pasar unha tarde ao ar libre.
A comeeer!! |
Comendo xuntos... bo proveito! |
Pero... vaia calor que facía!!
As altas temperaturas non nos permitiron completar a nosa excursión cunha camiñata á Mámoa do Rei, no Monte Penide, como tiñamos previsto, mais quedará para a vindeira ocasión.
Con tanta calor, a fonte nos resultou do máis refrescante |
Con estas fotos da nosa excursión despedímonos por este curso, e agardámosvos para o ano que ven.
Cantamos (e ata bailamos) con Leo |
Xogamos ao escondite conta-atrás |
E unha foto de familia |
Bo verán!
No hay comentarios:
Publicar un comentario