Os gañadores desta edición, coa paisaxe da Ponte de Rande de fondo (Fonte Galicia 24 horas) |
Onte sábado, e na nosa flamante Illa de San Simón como escenario, falláronse dous dos premios máis prestixiosos da literatura galega actual: os premios Xerais de Novela e Merlín de Literatura Infantil e Xuvenil. Os gañadores erixíronse de entre os tres finalistas que, por cada unha das categorías, xa foran seleccionados na xuntanza do Castelo de Soutomaior o pasado 1 de Xuño.
O Premio Xerais de Novela 2012 foi concedido a Manuel e María Lorenzo (pai e filla) polo seu texto "Tonas de laranxa", presentada baixo o lema Pouso da Arcai, que "engaiolou ao xurado polo sensitivo perfume a laranxa desta obra na que o lírico, o onírico e o simbólico conxúganse de forma maxistral para dar lugar a unha novela fermosa».
Manuel e María Lorenzo, recibindo o premio (Fonte: Praza Pública) |
En palabras do xurado "A partir da recreación dun espazo imaxinario, marabilloso, que rende homenaxe á narrativa de Álvaro Cunqueiro,
no lugar de Moreira, que é onde se desenvolve esta historia, vanse
tecendo as vidas, por veces insólitas, de moitos personaxes
curiosos, fabulosos, entrañables, que se introducen coma po nas nosas
vidas e estimulan os nosos sentidos para crear unha atmósfera
intemporal, sutil e poderosa ao tempo" dende unha escrita cargada de
"beleza"".
O XXVII Premio Merlín de Literatura Infantil e Xuvenil recaeu "por unanimidade" no escritor Marcos Calveiro, pola súa obra "Palabras de auga".
Marcos Calveiro recibindo o seu galardón (Fonte: Praza Pública) |
Segundo referiu o xurado sobre esta "aventura iniciática" de Amadou,
un rapaz suahili, "os
pulmóns de África respiran nas follas deste libro coa forza de todo o
continente. A inclemencia do sol, a busca desesperada da auga, a sorte
do alimento… E as mulleres, pedra angular das tribus africanas, e
que nesta obra representan o sólido capaz sobre o cal descansa toda
responsabilidade da supervivencia".
Dámoslles a nosa noraboa aos premiados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario